RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#OSNOSOS

Longa sesión no Dépor con intenso traballo táctico en espazos amplos

Sesión forte de adestramento no Dépor hoxe mércores despois de pasar pola sala de vídeo.

Así, o corpo técnico dispuxo para arrincar no céspede do campo 2 unha activación cun exercicio de posición en espazo reducido, de alta intensidade.

A continuación, o cadro deportivista trasladouse ao campo 3 para comezar xa o traballo táctico de cara ao encontro deste sábado 4 de maio ás 18:00 en Las Llanas ante o Sestao River (FEF TV), correspondente á 35ª xornada no grupo 1º de Primera Federación; ademáis dun partido en espazo amplo para concluír.

Estiveron hoxe con traballo individual Hugo Rama e Ximo Navarro, á espera no caso do lateral de que remitan as molestias derivadas dunha sobrecarga na coxa esquerda.

Rubén López e Martín Ochoa foron os representantes de #ANOSACANTEIRA.

Mañá xoves, Os Nosos adestraranse de novo ás 11:00 en Abegondo, con almorzo previo para o cadro ás 8:30.

📸GALERÍA DE FOTOS EN FACEBOOK