RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
FABRIL FC

Máis que meritorio empate do Fabril FC Benxamín ante o Dépor na Fase polo Título da Primeira A Coruña de fútbol 8

O Fabril FC Benxamín protagonizou un meritorio empate (1-1) ante o Dépor en partido correspondente á 7ª xornada na Fase polo Título da Primera A Coruña de fútbol 8.

Pablo Couso foi ao autor do único tanto do conxunto fabrilista, integrado por xogadores un ano menores que os branquiazuis, o que iso supón a estas idades.

Con este resultado, o equipo que prepara Alberto Bonigno é 3º na táboa con 11 puntos.

Fabril FC Benxamín: Samuel Cebey, David Santiago, Martín Martelo, Leo Barro, César Leira, Gael Fernández, Leo Galván e Nico Castro. Tamén xogaron: Joel Losada e Pablo Couso.

Este sábado 4 de abril ás 9:30 na Torre (campo 1.1) o Fabril FC Benxamín mídese ao Atlético Coruña Montañeros CF. 

Os resultados do Fabril FC Benxamín nesta fase son os seguintes:

Fabril FC Benxamín 1 (César Leira) - ED Luis Calvo Sanz 0
Deportivo 4 - Fabril FC Benxamín 1 (Leo Galván)
Fabril FC Benxamín 5 (Gael Fernández -3-, Nico Castro e Joel Losada) - Atlético Coruña Montañeros CF 1
Fabril FC Benxamín 0 - Victoria CF 2
UD Carral 0 - Fabril FC Benxamín 4 (Martín Martelo -2-, César Leira e Gael Fernández)
ED Luis Calvo Sanz 1 - Fabril FC Benxamín 1 (Martín Martelo)
Deportivo 1 - Fabril FC Benxamín 1 (Pablo Couso)