Táboas en Abegondo entre Dépor ABANCA B, 2º, e Olímpico de León, 3º
O partido correspondente á 26ª xornada en Tercera Federación FutFem entre o Deportivo ABANCA B, 2º na clasificación, e o Olímpico de León, 3º aínda que con 10 puntos de distancia entre un e outro equipo, acabou en táboas (2-2).
Paula Monteagudo adiantou en dúas ocasións ao branquiazuis pero as leonesas foron capaces de igualar o marcador.
Con este resultado, o equipo de Óscar Orro suma 60 puntos por 50 do Olímpico de León, o seu inmediato perseguidor. Por diante marcha como líder o Real Avilés CF con 72 puntos.
Deportivo ABANCA B: Martina Rivas, Paula Novo, Uxía López, Noelia Mayo, Carmen Carballada, Marta Rico, Lucía Mariño, Laura Santos, Laura Otero, Paula Monteagudo e Noela. Tamén xogaron: Sara Cercido, Macarena González, Lucía Rivas, Laura Testa e Celia Sousa.
O vindeiro sábado, o filial deportivista visita no Municipal da Reigosa ao PM Friol.
Os resultados até a data do Deportivo ABANCA B son os seguintes:
Deportivo ABANCA B 2 (Lucía Rivas -2-) - Victoria FC 1 Umia CF 0 - Deportivo ABANCA B 1 (Uxía López) Deportivo ABANCA B 5 (Lucía Rivas, Elena López 'Cusi', Laura Otero -2- e Laura Testa) - CD Lugo 0 Lóstrego CF 1 - Deportivo ABANCA B 0 Gijón FF 0 - Deportivo ABANCA B 3 (Macarena González, Uxía López e Laura Otero) Deportivo ABANCA B 5 (Laura Otero -2-, Lucía Rivas, Uxía López e Laura Santos) - Real Oviedo Femenino B 0 Sárdoma CF 1 - Deportivo ABANCA B 2 (Elena López 'Cusi' e María Calvo) Deportivo ABANCA B 4 (Sara Cercido, Paula Monteagudo, Lucía Rivas e Laura Otero) - Sporting de Gijón B 2 Victoria CF 3 - Deportivo ABANCA B 4 (Carmen Carballada -2-, Lucía Rivas e Elena López 'Cusi') Deportivo ABANCA B 5 (Noela -3-, Lucía Rivas e Paula Monteagudo) - CD Bovedana 1 Olímpico de León 3 - Deportivo ABANCA B 3 (Noela -3-) Deportivo ABANCA B 2 (Paula Monteagudo e Laura Testa) - PM Friol 2 Real Avilés CF 3 - Deportivo ABANCA B 1 (Lucía Rivas) Deportivo ABANCA B 2 (Noela -2-) - UD Mos 1 UD Llanera 2 - Deportivo ABANCA B 1 (Laura Otero) Victoria FC 1 - Deportivo ABANCA B 0 Deportivo ABANCA B 4 (Ana Capelo, Sara Cercido e Paula Monteagudo -2-) - Umia CF 1 CD Lugo 1 - Deportivo ABANCA B 2 (Paula Monteagudo e Michi Apóstol) Deportivo ABANCA B 2 (Noela e Laura Santos) - Lóstrego CF 1 Deportivo ABANCA B 5 (Michi Apóstol -3-, Noela e Paula Monteagudo) - Gijón FF 1 Real Oviedo Femenino B 0 - Deportivo ABANCA B 6 (Lucía Rivas -2-, María Calvo, Laura Otero -2- e Carmen Carballada) Deportivo ABANCA B 5 (Laura Otero, Michi Apóstol -3- e Noela) - Sárdoma CF 2 Sporting de Gijón B 0 - Deportivo ABANCA B 2 (Sara Cercido e Laura Santos) Deportivo ABANCA B 2 (Michi Apóstol -2-) - Victoria CF 1 CD Bovedana 0 - Deportivo ABANCA B 2 (Noela e Paula Monteagudo) Deportivo ABANCA B 2 (Paula Monteagudo -2-) - Olímpico de León 2