RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Ley de transparencia

Con motivo da publicación e entrada en vigor da Lei 19/2013 do 9 de decembro de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, o Real Club Deportivo de La Coruña SAD, expón a seguinte información como continuidade da súa política de comunicación aberta.

 

1. INFORMACIVÓN INSTITUCIONAL, ORGANIZATIVA E DE PLANIFICACIÓN

Información Institucional

O Real Club Deportivo de La Coruña SAD é un Club de fútbol fundado na cidade da Coruña no ano 1906 e que ao longo da súa xa centenaria historia logrou, como fitos máis destacados, un Campionato de Liga de Primeira División (2000), unha Copa España (1912), dúas Copas de España – Copa de SM El Rey (1995 e 2002) e tres Supercopas de España (1995, 2000 e 2002)

O Real Club Deportivo de La Coruña SAD ten como fin social:

1.- A participación en competicións deportivas de carácter profesional da modalidade deportiva de futbol.

2.- A promoción e desenvolvemento de actividades deportivas dunha ou varias modalidades deportivas.

3.- A explotación e comercialización de espectáculos deportivos, produtos e dereitos de todo tipo vinculados a, ou relacionados coa modalidade deportiva, o equipo profesional e os medios do equipo.

Todas estas modalidades poderán ser desenvolvidas, total ou parcialmente, a través de Sociedades filiais en que a Sociedade ostente a titularidade de accións ou calquera tipo de participación e que teñan obxecto social idéntico ou análogo.

 

Información Organizativa

Presidente:

Álvaro Valentín García Diéguez

presidencia@rcdeportivo.es

Consello de Administración:

Alejandro Bergantiños García

Carlos Alberto Ballesta Edreira

Michelle Clemente Escotet

José Vicente Fernández Rodríguez

protocolo@rcdeportivo.es

Dirección Xeral:

Massimo Adalberto Benassi

Dirección de Fútbol:

Fernando Soriano Marco

direccion.deportiva@rcdeportivo.es

Dirección Corporativa:

Jan Wappler

direccion.corporativa@rcdeportivo.es

Dirección de Seguridade e Operacións:

Iván Sánchez

seguridad@rcdeportivo.es

Dirección de Comunicación:

Mercedes Cernadas

comunicacion@rcdeportivo.es

Dirección de Fútbol Formativo:

futbolformativo@rcdeportivo.es

Dirección Deportiva Dépor ABANCA:

depor.abanca@rcdeportivo.es

Servizo Atención Rendemento Futbolista:

serviciomedico@rcdeportivo.es

Protocolo:

protocolo@rcdeportivo.es

Marketing e Marca:

imagen@rcdeportivo.es

Comercial e Retail:

comercial@rcdeportivo.es

OAD e Ticketing:

atencion.deportivista@rcdeportivo.es

Food & Beverage:

food.beverage@rcdeportivo.es

Loxística:

logistica@rcdeportivo.es

TI:

ti@rcdeportivo.es

Capital Humano:

capital.humano@rcdeportivo.es

Administración e finanzas:

contabilidad@rcdeportivo.es

Asuntos legais:

legal@rcdeportivo.es

 

Normativa aplicable

Como club de Fútbol, o Real Club Deportivo da Coruña SAD está sometido ás seguintes disposicións e normativas:

Lei 10/1990, do 15 de outubro, do Deporte -estatal-.Lei 3/2012, do 2 de abril, do Deporte de Galicia.

Real Decreto 177/1981, do 16 de xaneiro.

Real Decreto 1251/1999, do 16 de xullo sobre Sociedades Anónimas Deportivas.

Real Decreto Lexislativo 1/2010, do 2 de xullo, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Sociedades de Capital.

Normativa propia da Real Federación Española de Fútbol.

Normativa propia da liga de Fútbol Profesional.

Lei 19/2007 do 11 de xullo, contra a violencia, o racismo, a xenofobia e a intolerancia no deporte, e no Real Decreto 203/2010, do 26 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de prevención da violencia, o racismo, a xenofobia e a intolerancia no deporte.

Restante normativa aplicable a un Club/SAD profesional (Estatutos, Regulamento Xeral e Código Disciplinario da RFEF, Estatutos Sociais, Regulamento Xeral e Normas para a elaboración de orzamentos da LFP)

Estatutos Sociais do Real Club Deportivo da Coruña SAD.

Regulamentos internos do Real Club Deportivo da Coruña SAD.

Normativa específica aplicable sobre comportamentos, prevención contra a violencia e intolerancia no deporte:

Lei 10/1990, do 15 de outubro, do Deporte.

Lei 17/1997, do 4 de xullo, de Espectáculos Públicos e Actividades Recreativas.

Lei 19/2007, do 11 de xullo, contra a violencia, o racismo, a xenofobia e a intolerancia no deporte.

Real Decreto 203/2010, do 26 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de prevención da violencia, o racismo, a xenofobia e a intolerancia no deporte.

Circular da liga Nacional do Fútbol Profesional do 9 de marzo de 2015.

 

2. INFORMACIÓN ECONÓMICA, ORZAMENTARIA E ESTATÍSTICA

Contratos coas Administracións

Acordo Singular subscrito coa Axencia Estatal de Administración Tributaria para o refinanciamento e pagamento da débeda concursal de carácter privilexiado, asinado con data de 7 de marzo de 2014.

Concesións coas Administracións Públicas

Concesión administrativa das Instalacións Municipais correspondentes ao Estadio de Riazor asinado o 7 de agosto de 2000 polo cal se ceden o uso das referidas instalacións até o día 7 de agosto de 2025.

Subvencións coas Administracións Públicas

Subvención concedida pola Secretaría Xeral para o Deporte para a Temporada 19/20 por importe de 5.759,80 euros con cargo á partida “subvención a clubs, sociedades anónimas deportivas e agrupacións deportivas escolares de Galicia”.

Programa Re-acciona, servizo de implementación de control de xestión por procesos. Cofinanciado pola Unión Europea - Programa Operativo FEDER-Galicia

Convenios:

Convenios RC Deportivo e Fundación RC Deportivo

Principales patrocinadores e provedores:

Patrocinadores e provedores RC Deportivo

Orzamento da Temporada:

Orzamento da Temporada 2022-2023 aprobado en Xunta de Accionistas o 22 de decembro de 2022

Contas Anuais do RC Deportivo

Data de depósito no Rexistro Mercantil das últimas Contas Anuais do Club: 2 de marzo de 2023

Data de entrega ao Consello Superior de Deportes (CSD) das últimas Contas Anuais: 3 de decembro de 2019

Data de envío á Liga de Fútbol Profesional (LFP) das Contas anuais e restante información económico-financeira de obrigado envío: 3 de decembro de 2019

Retribución dos Altos Cargos e Máximos Responsables

Na Xunta Xeral de Accionistas de 27 de abril de 2021 aprobouse por maioría fixar o límite máximo de retribución do Consello de Administración na cantidade total de 252.000 euros.

A Sociedade Anónima Deportiva suscribiu contratos de alta dirección con unha persoa.

Estatutos Sociais

Estatutos sociais do Real Club Deportivo de La Coruña SAD (Aprobados na Xunta Xeral de Accionistas do 27 de abril de 2021)

Memoria de Sustentabilidade

Memoria de Sustentabilidade 2020-2021

Código Ético

Código Ético RC Deportivo

O REAL CLUB DEPORTIVO DE LA CORUÑA, SAD, conta cun Compliance Officer e, no exercicio das súas responsabilidades e en congruencia cos seus valores e cultura de cumprimento, e prevención de incidencias, de fraude, condutas irregulares e/ou delitos, desenvolveu un sistema de cumprimento formado por un manual de cumprimento que inclúe o compromiso do Consello de Administración co sistema e a política do Club, os procesos necesarios para a súa correcta implementación e as políticas internas desenvolvidas como puntos de control específicos para a prevención dos riscos de cumprimento.

Se detecta unha conduta irregular, incidencia de fraude e/ou delito, comuníqueo a través da CANLE ÉTICA garantindo a confidencialidade e o anonimato da identidade das persoas que fagan uso desta canle, onde o Club prohibe calquera tipo de represalia, tomando todas as medidas necesarias para protexer a aqueles membros da organización ou terceiros que realicen comunicacións de boa fe e, sobre a base de indicios razoables.

Política de Prevención de Riscos Penais

Política de Prevención de Riscos Penais

Reglamento Interno

Reglamento interno del recinto deportivo

Transparencia Internacional

Indicadores INFUT 2020