Ainhoa Marín, primeira das internacionais en regresar a Abegondo
Ainhoa Marín foi a primeira das internacionais en regresar a Abegondo após o seu paso, neste caso, pola selección española sub-23.
Así pois, a atacante branquiazul xa estivo hoxe martes ás ordes de Fran Alonso no campo 5 de Abegondo para comezar a preparar a visita do FC Levante Badalona a ABANCA-RIAZOR prevista para este sábado 12 de abril ás 16:30 (Dazn) en ABANCA-RIAZOR.
A futbolista do Dépor ABANCA participou nos dous encontros con España: foi titular ante Inglaterra nun encontro no que xogou 60 minutos e saltou ao céspede após o descanso ante Suecia.
Mañá mércores incorpórase Inês Pereira, que esta tarde xoga en ABANCA-Balaídos ante España; e o xoves está previsto que estean en Abegondo o resto de internacionais: Patrícia Hmirová, Francisca Lara e Michi Apóstol, todas elas despois de longas viaxes de regreso.