As Nosas, con cita en ABANCA-RIAZOR este sábado 12, volven aos adestramentos mañá martes 8 de abril en Abegondo
Despois dunha longa fin de semana de descanso debido ao parón de competición na Liga F, As Nosas volven aos entremientos mañá martes 8 de abril ás 11:00 no campo 5 de Abegondo.
As futbolistas están citadas para almorzar ás 8:50 xa na propia instalación.
O Dépor ABANCA retoma a competición ligueira en 13ª posición con 23 puntos.
Fran Alonso disporá de 4 sesións matinais para preparar o choque ante o Levante Badalona FC, previsto para este sábado 12 de abril ás 16:30 (Dazn), correspondente á 25ª xornada.
Seguirán ausentes as internacionais Inês Pereira, Francisca Lara, Michi Apóstol e Patrícia Hmirová; e si estará Ainhoa Marín, que regresa hoxe luns da concentración da selección española sub-23.
A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:
Martes 8 de abril 11:00 h.
Mércores 9 de abril 11:00 h.
Xoves 10 de abril 11:00 h.
Venres 11 de abril 11:00 h.
Sábado 12 de abril 16:30: Deportivo - Levante Badalona FC, en ABANCA-RIAZOR