RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Borja Valle: "Estar onde estamos é algo moi bo. Dependemos de nós"

Borja Valle pasouse pola zona mixta do Estadio de La Rosaleda.

O polivalente futbolista berciano subliñou sobre a polémica xogada que acabou no gol do Málaga CF que o colexiado do encontro “observa que hai man, recoñece que hai man pero a explicación que nos dá é que é un roubo en defensa e que non é considerada como man. Temos as nosas dúbidas. Cada un defende o seu. Nós non somos capaces de comprender porqué non se pita man porque é un ataque prometedor, un dous para dous que propicia o gol do Málaga. Está claro que o VAR é unha arma moi boa pero está a facer máis dano que beneficio. Sería bo que cada semana viñesen darnos charlas de LaLiga explicándonos o regulamento porque dá a sensación de que cada semana se aplica dunha forma".

Non cre que o resultado fose xusto por como "se deu o gol. É certo que non foi noso mellor partido fóra de casa. Estamos a xogarnos a vida pero por un motivo ou por outro non saíu o mellor partido. Cometemos bastantes erros e é certo que o Málaga se atopou máis a gusto que nós. Pero esta fin de semana temos unha oportunidade para conseguir o obxectivo dunha vez".

Achaca ao Málaga o mérito de facer un partido incómodo ao Dépor co balón: "Soubo como presionar e en que momento presionar. Tiña as ideas un pouco máis claras que nós e saíulle mellor. Do mesmo xeito que noutros partidos saíunos mellor a nós".

Borja Valle desvela que após esta derrota o vestiario “está fodido por como se dá o partido e por como perdes. É certo que mete ao equipo nunha situación complicada outra vez pero o bo é que todo o mundo asinase depender de nós a estas alturas por segundo o que fixemos na primeira volta”.

"Claro que che mete medo este resultado", conclúe o futbolista branquiazul, "porque loitaches moitísimo, remaches moitísimo para chegar onde estamos. Tiñamos unha xeira incrible. Non perderamos desde o inicio trala pandemia. A xente ten que seguir coa mentalidade positiva. Co desastre da primeira volta, estar onde estamos é algo moi bo. Dependemos de nós. Esta fin de semana a deixarnos a vida ante o Extremadura, conseguir a vitoria e esquecernos desta temporada tan desastrosa".