Calendario de ANOSACANTEIRA feminina, co Dépor ABANCA B este sábado ás 16:00 en Friol
O partido do Dépor ABANCA B este sábado 12 de abril ás 16:00 no campo de A Reigosa ante o PM Friol é o choque destacado da fin de semana en ANOSACANTEIRA feminina.
As branquiazuis avantaxan en 1 punto ao Olímpico de León e visitan a un equipo da zona alta da táboa no grupo 1º de Tercera Federación.
Completan a xornada do sábado o partido do Orzán SD Cadete ante o Sporting Cambre (10:30 en San Pedro de Visma), o do Orzán SD Infantil A ante o EFF Sonnoia Portus Apostoli (17:30 en Eirís) e o do Orzán SD Infantil B ante o Sporting Burgo (12:00 en A Lavandeira, Culleredo).
Para o domingo quedan dous partidos na Torre: o Orzán SD Sub-21 ante o Lóstrego CF B (18:00 no campo 2) e o do Orzán SD Xuvenil ante o Sporting Meicende (16:00 no campo 1).
ANOSACANTEIRA feminina celebra a convocatoria de Antía Veiga e Claudia Sande para dous partidos coa selección española sub-16 ante Estados Unidos en Alicante o sábado 19 e o luns 21 de abril.
O calendario de partidos é o seguinte:
Tercera Federación 27ª xornada: PM FRIOL - DEPORTIVO ABANCA B, o sábado 12 de abril ás 16:00 en A Reigosa (Friol, Lugo) Clasificación: 1. Deportivo ABANCA B, 67 puntos; 2. Olímpico de León, 66 puntos; 3. RC Celta, 63 puntos... 6. PM Friol, 48 puntos...
Primera Autonómica 27ª xornada: ORZÁN SD SUB-21 - LÓSTREGO CF B, o domingo 13 de abril ás 18:00 nae Torre (campo 2) Clasificación: 1. Orzán SD Sub-21 (un partido menos) e RC Celta B, 64 puntos; 3. EFM Concello de Boiro, 62 puntos; 4. SD O Val, 45 puntos... 6. Lóstrego CF B, 37 puntos...
Segunda Autonómica 27ª xornada: ORZÁN SD XUVENIL - SPORTING MEICENDE, o domingo 13 de abril ás 16:00 na Torre (campo 1) Clasificación: ... 2. SCD Pastoriza, 66 puntos; 3. UD Carral e Orzán SD Xuvenil, 54 puntos; 5. Sporting Burgo, 51 puntos... 15. Sporting Meicende, 14 puntos...
Liga Galega cadete 22ª xornada: ORZÁN SD CADETE - SPORTING CAMBRE, o sábado 12 de abril ás 10:30 en San Pedro de Visma (campo 1) Clasificación: 1. Orzán SD Cadete, 54 puntos; 2. Victoria CF, 51 puntos; 3. Racing de Ferrol, 46 puntos... 7. Sporting Cambre, 20 puntos...
Liga Galega, segunda fase Grupo 1A: ORZÁN SD INFANTIL A - EFF SONNOIA PORTUS APOSTOLI, o sábado 12 de abril ás 17:30 no Municipal de Eirís Clasificación: 1. Orzán SD Infantil A e SCD Milagrosa, 9 puntos; 3. Bergantiños CF , EFF Sonnoia Portus Apostoli e Racing de Ferrol, 3 puntos...
Grupo 2A: SPORTING BURGO - ORZÁN SD INFANTIL B, o sábado 12 de abril ás 12:00 no campo de A Lavandeira (Culleredo) Clasificación: 1. UD Cerqueda e UC Cee, 9 puntos; 3. Orzán SD Infantil B, 6 puntos; 4. Sporting Burgo, 3 puntos...