RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Cavaleiro finaliza a súa etapa deportivista cunha prata no Europeo Sub-21 tras a permanencia

Iván Cavaleiro cerró a súa etapa como xogador do Deportivo logrando con Portugal a prata no Europeo Sub-21. Tras contribuír a que o Deportivo lograse a permanencia na liga BBVA, hoxe se proclamó con Portugal subcampeón de Europ

Na Primeira Fase, Iván Cavaleiro foi suplente no segundo encontro ante Italia (0-0) e titular no primeiro, fronte a Inglaterra (1-0), e no último ante Suecia (1-1). Tamén foi titular na semifinal ante Alemaña (5-0), na que anotou ademais un gol.

Os resultados de Portugal neste Europeo foron os seguintes:

Primeira Fase
INGLATERRA 0 - PORTUGAL 1
ITALIA 0 - PORTUGAL 0
PORTUGAL 1 - SUECIA 1

Semifinal
-PORTUGAL 5 - ALEMAÑA 0

Final
PORTUGAL 0 - SUECIA 0. Por penaltis: 3-4

Celso Borges chega á Copa de Ouro asentado no once inicial de Costa Rica

Celso Borges disputou esta semana o último amigable con Costa Rica antes da Copa de Ouro da Concacaf, en cuxa lista definitiva está xa incluído o mediocentro branquiazul. Foi en Orlando (Estados Unidos) ante México (2-2). Borges xogou o noventa minutos.

O deportivista xa foi titular nos dous primeiros partidos de adestramento disputados este mes de xuño por Costa Rica: En Buenos Aires ante Colombia e en León fronte a España; co que parece asegurada a súa presenza no once inicial na Copa de Ouro.

Os resultados dos partidos foron os seguintes:

COSTA RICA 0 - COLOMBIA 1

ESPAÑA 2 - COSTA RICA 1

COSTA RICA 2 - MÉXICO 2

A Copa de Ouro da Concacaf, en Estados Unidos, presenta este calendario para Costa Rica na Primeira Fase:

9 de xullo: COSTA RICA - XAMAICA
12 de xullo: COSTA RICA - O SALVADOR
15 de xullo: CANADÁ - COSTA RICA

O mediocentro branquiazul permanecerá concentrado ata que finalice a súa participación na Copa de Ouro, cuxos partidos definitivos serán o 18 e 19 de xullo (cuartos de final), o 22 de xullo (semifinais), o 25 de xullo (final de consolación) e o 26 de xullo (final).

Sam Piette está concentrado con Canadá

O fabrilista Sam Piette, tras liquidar de titular a eliminatoria de clasificación para o Campionato do Mundo ante Dominica (0-2 en Roseau e 4-0 en Toronto), está xa concentrado con Canadá en Santa Bárbara (Estados Unidos) para preparar a Copa de Ouro.

A Copa de Ouro ten o seguinte calendario para Piette e Canadá:

9 de xullo: O SALVADOR - CANADÁ
12 de xullo: XAMAICA - CANADÁ
15 de xullo: CANADÁ - COSTA RICA

Sam Piette permanecerá concentrado ata que finalice a súa participación na Copa de Ouro, cuxos partidos definitivos serán o 18 e 19 de xullo (cuartos de final), o 22 de xullo (semifinais), o 25 de xullo (final de consolación) e o 26 de xullo (final).