RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Cavaleiro xogará o Europeo Sub-21 e Borges caeu onte á noite ante Colombia

O deportivista Iván Cavaleiro foi incluído na lista definitiva da Selección Sub-21 de Portugal para disputar a Fase Final do Campionato de Europa da categoría, que se celebrará na República Checa do 17 ao 30 do pr

Así pois, o atacante branquiazul seguirá concentrado na localidade lusa de Rio Maior, ata a celebración do torneo continental.

O calendario da Primeira Fase de Portugal é o seguinte:

-Xoves 18 de xuño: INGLATERRA - PORTUGAL
-Domingo 21 de xuño: ITALIA - PORTUGAL
-Mércores 24 de xuño: PORTUGAL - SUECIA

As semifinais disputaranse o 27 de xuño; o partido polo terceiro e cuarto posto, que decidirá unha praza olímpica, o 28 de xuño; e a gran final o 30 de xuño.

Celso Borges, titular onte ante Colombia

Celso Borges foi titular onte á noite en Buenos Aires con Costa Rica, nun amigable disputado ante Colombia, e que se saldou con triunfo colombiano (0-1).

O mediocentro deportivista xogou os primeiros 63 minutos, ata que foi substituído por D. Guzmán.

A próxima cita de Borges será o 11 de xuño en España, no estadio Reyno de León, ante a Selección Española.

O calendario de partidos de Costa Rica inclúe estes amigables:

-COSTA RICA 0 - COLOMBIA 1

-11 de xuño: ESPAÑA - COSTA RICA, no estadio Reyno de León

-27 de xuño: COSTA RICA - MÉXICO, en Estados Unidos

A Copa de Ouro da Concacaf, en Estados Unidos, ten este calendario para Costa Rica na Primeira Fase:

9 de xullo: COSTA RICA - XAMAICA
12 de xullo: COSTA RICA - O SALVADOR
15 de xullo: CANADÁ - COSTA RICA

O mediocentro branquiazul permanecerá concentrado ata que finalice a súa participación na Copa de Ouro, cuxos partidos definitivos serán o 18 e 19 de xullo (cuartos de final), o 22 de xullo (semifinais), o 25 de xullo (final de consolación) e o 26 de xullo (final).

Sam Piette viaxa á concentración de Canadá

O fabrilista Sam Piette viaxa hoxe, unha vez finalizado o partido do Fabril en San Pedro, á concentración da Selección de Canadá en Orlando (Estados Unidos). O mediocentro do Fabril pérdese o partido de volta da segunda eliminatoria de ascenso, o domingo 14 de xuño en Abegondo ante o UD San Pedro.

Piette foi convocado para disputar dous partidos clasificatorios para o Campionato do Mundo no mes de xuño e a Copa de Ouro da CONCACAF en xullo, en Estados Unidos.

Os partidos programados son os seguintes:

-11 de xuño: DOMINICA - CANADÁ (clasificatorio para o Mundial) en Roseau

-16 de xuño: CANADÁ - DOMINICA (clasificatorio para o Mundial) en Toronto

A Copa de Ouro da Concacaf ten o seguinte calendario:

9 de xullo: O SALVADOR - CANADÁ
12 de xullo: XAMAICA - CANADÁ
15 de xullo: CANADÁ - COSTA RICA

Sam Piette permanecerá concentrado ata que finalice a súa participación na Copa de Ouro, cuxos partidos definitivos serán o 18 e 19 de xullo (cuartos de final), o 22 de xullo (semifinais), o 25 de xullo (final de consolación) e o 26 de xullo (final).