David Simón tomou a palabra esta mañá na sala de prensa de Abegondo.
O lateral grancanario, xa de volta aos adestramentos co grupo após recibir o pasado martes a alta médica, lembra nestes momentos bos que "vimos dun refacho moi malo, que xa é pasado. Hai que seguir coa normalidade, afastarnos canto antes dos postos de abaixo. Ir paso a paso. Nunca se sabe, isto é o Segunda pero hai que ir con precaución. Aceptar como estivemos de aquí para atrás. Creo que todos o aceptamos por iso o equipo colleu confianza e imos todos da man. Con tranquilidade, paso a paso e conseguir os obxectivos que dixo o míster".
Insiste en que "o máis importante é saír de onde estabamos, ir avanzando aos poucos. Nunca baixar os brazos nin relaxarse porque calquera equipo che pode gañar".
Márcase como obxectivo este domingo 9 de febreiro en Alcorcón (12:00 horas, Movistar LaLiga 1) "gañar. O obxectivo é gañar os partidos para non sufrir. Traballamos toda a semana para conseguir os 3 puntos. Oxalá que salga, que sigamos con este refacho. O equipo está forte, compacto. Estamos de sorte. A mala sorte que tiñamos na primeira volta, que non saía nada, agora é ao revés e hai que aproveitala".
Cre que "non foi normal o que estaba a pasar" na primeira volta da competición, porque "se vían xogadores de moita calidade. Agora xustamente cando a min se me están quitando as molestias o equipo empeza a crecer. Contento. Dobre felicidade".
Mostrouse sorprendido por todo o ocorrido coa chegada de Fernando Vázquez ao banco deportivista: "Foi unha boa revolución. A xente chamaba que viñese Fernando e aquí dentro desde o minuto un deunos moita tranquilidade, moita normalidade a todo. Sen volvernos tolos soubo motivar ao equipo, fixo que o equipo faga dúas ou tres cousiñas que el quere e tiramos para adiante con bastante normalidade. Así, desde a tranquilidade, apertando, sabendo nos momentos que temos que apertar como fai el, sacámolo xuntos. Todo o mundo está contento con el e seguramente seguiremos tirando para arriba".
A nivel persoal, explica que a súa lesión a arrastraba "da segunda volta da temporada pasada. En marzo fixemos un parón, tratamento conservador. Puiden chegar aos play off, participar neles e moi ben, con esas molestias pero ben. Parecía que durante as vacacións, aínda que tivemos poucas, íame a recuperar. Chegas en pretemporada, fas dúas carreiras e vólvenche as mesmas molestias. Paras sen facer pretemporada. Poste na liga sen ter ritmo e duras dous partidos. Cando ves que non se che quitan decides pasar polo quirófano. Moi ben. Agradecer como se preocuparon aquí por min. En momentos difíciles, que estou de baixón, que podes non ter ese bo humor porque ves que non te recuperas, aguantámonos mutuamente. É o que toca. A familia é o que hai. Hai que aguantarse uns a outros".