RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Edu Expósito regresa á lista do Dépor para recibir mañá sábado ao Rayo Majadahonda

Edu Expósito, cumprida a súa sanción, regresa á lista de 19 convocados do Deportivo para recibir mañá sábado 6 de abril en ABANCA-RIAZOR (16:00 horas, LaLiga 1|2|3 TV) ao Rayo Majadahonda, en partido correspondente á 33ª xornada en LaLiga 1|2|3.

Natxo González, en rolda de prensa, non ocultou a súa satisfacción por recuperar ao centrocampista catalán: "É dos xogadores distintos no centro do campo; como xa destacamos a evolución e o rendemento que tivo nos últimos meses. Aí imos ter máis fluidez, máis desequilibrio porque é bo niso. A ver se segue na mesma liña coa que acabou hai 3 semanas".

Explica a súa decisión de levar a 19 futbolistas por Fede Cartabia, que onte realizou un adestramento preventivo en Abegondo: "Esta mañá adestrou normal e imos ver que resposta ten despois do adestramento. A ver se cara a mañá está ao 100% ou non".

Quedan fóra da convocatoria de maneira obrigatoria Álex Bergantiños, sancionado; e Krohn-Dehli, lesionado.

No adestramento desta mañá, após un quecemento e un exercicio de finalizacións, Natxo González realizou un último traballo táctico de cara ao partido, que concluíu con repaso de accións a balón parado, baixo a supervisión do técnico Alejandro Esteve.

Os futbolistas convocados concéntranse esta noite no Hotel Meliá María Pita, á espera do partido.

Após o choque ante o Rayo Majadahonda, todo o cadro adestrarase de novo en Abegondo o domingo ás 11:00 horas.