RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Emre Çolak: "Esta afección, este Club, esta cidade non merecen esta posición"

Emre Çolak atendeu esta tarde aos medios de comunicación na sala de prensa de Abegondo.

O internacional turco asegurou entender o enfado dos deportivistas: "Teñen razón porque a afección do Dépor vive moito o fútbol e quere ver ao seu equipo en boa posición".

O centrocampista branquiazul opina que "esta afección, este club, esta cidade non merecen esta posición".

Conta que "a min me gusta pasear moito, ir cear fóra... Nesta situación non quero saír moito, non quero ver as súas caras (as dos afeccionados). Sei que todos están tristes. Nós somos responsables desta situación".

No entanto, está agradecido ao agarimo da xente, como se puido ver o pasado sábado ante a UD Las Palmas ao ser sustituído: "Sei que os afeccionados me teñen agarimo. Apoiáronme desde o primeiro día".

Ve ao equipo "mal, todos o sabemos. Temos que cambiar esta situación. Adestramos para isto, para mellorar esta situación. Espero que a sorte nos acompañe".

Con Clarence Seedorf no banco, Çolak subliña que "sinto moi ben. Estou listo para xogar". Iso si, insiste en que a súa posición "é de mediapunta. Síntome máis cómodo nesta posición".

A clave está, para o internacional turco, "en facer un gol. Se marcásemos un gol, todo podería ser diferente. Non tivemos sorte para marcar. Marcando un gol, hoxe estariamos a falar cousas diferentes".