Entradas á venda para o Dépor-Málaga do domingo 7 ás 18:00
As entradas para o partido da 8ª xornada de LaLiga no Estadio ABANCA-RIAZOR entre o Real Club Deportivo e o Málaga CF están á venda desde o martes 2 de outubro.
O partido dispútase o domingo 7 ás 18:00 horas. Os prezos das entradas oscilan entre os 30 euros de Pavillón Inferior e os 60 euros de Tribuna Superior. Tamén hai entradas para a zona VIP "Área 1906" a 150 euros.
Para adquirir estas localidades os afeccionados deben achegarse á Oficina de Atención ao Deportivista, que se atopa provisionalmente nos despachos de billetes do Palacio dos Deportes de Riazor, aberta de luns a venres de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:00 horas, o sábado de 10:30 a 13:30 e o domingo, día do partido, as entradas estarán á venda desde as 11:00 e até as 18:00 h. de maneira ininterrompida.