Dous de Os Nosos, Borja Granero e Jaime, están a día de hoxe, venres 21 de outubro, con adestramento individualizado no ximnasio supervisado polo readaptador, Álex Canosa.
Pola súa banda, Trilli e Isi Gómez completaron esta mañá unha nova sesión co grupo. Ao concluír o adestramento de mañá sábado ás 10:30 en Abegondo, última antes do partido ante o Real Madrid Castilla deste domingo 23 de outubro en Valdebebas (18:00 horas, InSports.tv), os Servizos Médicos decidirán se están en condicións de entrar na lista de convocados de Óscar Cano.
Finalmente, Víctor Narro, que foi baixa a pasada fin de semana a consecuencia dunha fractura dos ósos propios do nariz, xa ten o visto e prace dos galenos branquiazuis para ser aliñado despois de adestrarse con normalidade durante toda a semana.