RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

"Estou a desexar empezar", confesa un Javi Montero "optimista" de cara á finalización da competición

Javi Montero pasouse hoxe pola sala de prensa de Abegondo minutos antes de arrincar o seu adestramento na Cidade Deportiva.

Estas foron algunhas das frases do central deportivista.

Raro ao adestrar

"Vir adestrar e non entrar nos vestiarios, adestramentos individuais, coa distancia. É o máis raro para min".

Medidas de seguridade, tests...

"Sanidade e LaLiga son os que mandan e os que van mirar máis por nós. Se din que temos que estar así durante un tempo e o que queda de Liga estaremos así. É pola saúde de todos".

Sensacións nos adestramentos

"Despois de dous meses xa se botaba en falta. Dá igual como fóra, sexa como estamos agora ou doutra maneira. Era o primordial empezar a adestrar para coller a forma, non perdela. Empezar outra vez de novo".

Sen redes sociais no confinamento

"Pola incerteza de non saber o que facer, tanto tempo encerrados. Só por incerteza. Desconectar un pouco de todo. Cando ían avanzando as semanas, van dicindo os prazos do confinamento, vas vendo luz ao final do túnel. Vaste automotivando e encima co de LaLiga, que ía dicindo que poderiamos adestrar, unha alegría".

Lesións, sen público nos estadios, menos contacto entre futbolistas

"Sempre vai haber contacto entre xogadores. Ademais, o peor que nos pode pasar a nós é xogar sen público porque con público é un punto máis, un xogador máis. Iso prexudícanos. Estamos para traballar día a día, o que nos diga o míster; e volver o máis forte que se pode".

Resolución do campionato se non chega ao seu fin

"Os que deciden é LaLiga. Non sei que dicirche aí".

Víctor Mollejo

"É como un irmán, igual que eu para el. Coñecémonos desde moi pequenos. Non ter ese contacto todos os días, acábalo botando de menos".

"Estivo moi ben de DJ. Estivemos encerrados e deunos un pouco de alegría para que toque as palmas, para que baile, para que todo o mundo se alegre un pouco".

Volta da liga o 12 de xuño

"Todo xogador quere xogar canto antes pero coas medidas que mande Sanidade, que é a que manda".

Optimista de cara a finalizar a liga

"Se están a mirar para iniciala, á fin e ao cabo temos que terminala. Son optimista neste sentido".

Concentracións

"Estivemos dous meses encerrados e que nos concentren outro mes e medio ou o que sexa, é un pouco raro. Demasiado tempo".

Deberes por facer na liga

"Ao equipo víao forte antes, a pesar da última derrota de Almería. Para iso estamos para traballar o que nos mande o adestrador; e competir partido a partido".

Ganas de xogar

"Estou a desexar empezar a liga".

Fernando Vázquez nesta nova situación

"Cústalle un pouco, é moi próximo, moi impulsivo. A unha persoa que lle conteñan, que lle teñan que atar en curto, pois lle custa".

Adestramentos grupales

"Non decidimos nós esperar 1 semana ou 2 para os grupos. Os que mandan son os de arriba. Estamos a desexar empezar pero paso a paso".

Casos positivos na liga

"Non me vou a meter niso. Se Sanidade ve factible seguir adestrando pois seguiremos adestrando".

Tarefas en casa á parte de adestrar: visionado de partidos...

"Á parte do traballo físico que nos mandaba o míster, un sempre ve os seus fallos, os seus partidos anteriores para mellorar. Sempre é bo velos".