RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Fede Cartabia entra na lista para o partido ante o Extremadura

Fede Cartabia recibiu esta mañá a alta médica e entrou na lista de 18 convocados de José Luis Martí para o partido de mañá domingo 21 de abril en ABANCA-RIAZOR ante o Extremadura UD (16:00 horas, LaLiga 1|2|3). "Se está na lista cremos que está en condicións para competir. Un xogador que non estea en condicións para competir ao 100% non o imos a incluír nunha lista sabendo a competitividade desta liga e sabendo que hai xogadores que están a desexar participar", aclara José Luis Martí na sala de prensa.

Quedan fóra da convocatoria por lesión Krohn-Dehli, David Simón e Carlos Fernández. O dianteiro sevillano realizou unicamente a primeira parte do adestramento.

Sobre o descarte de Vicente, o técnico deportivista aclara que se debe a que "teño moitísimos xogadores nesa posición. Todos se merecen estar. Para iso estou aquí, para tomar decisións. Unha semana será un, outra semana será outro. O que tentamos é que todo o mundo estea activo, todo o mundo comprometido coa causa".

Tamén subliñou, neste caso sobre Saúl, que a súa ausencia da convocatoria débese única e exclusivamente a motivos deportivos: "O que me coñece sabe que as decisións as tomo eu sempre. Coñezo a Saúl moi ben, estou a coñecer a Diego (Caballo) perfectamente. Ao final temos a capacidade de decidir e neste momento entendemos que ten que xogar un xogador. Cando seguro lle toque a Saúl participar vaino a facer ben, porque se está adestrando perfectamente, e estao demostrando día a día".

Na sesión desta mañá en ABANCA-RIAZOR, após un quecemento e un exercicio de posesión, Martí dispuxo dun partido a 3 cuartas partes de campo. Para concluír houbo un repaso a accións a balón parado, dirixido polo técnico Alejandro Esteve.

O Dépor concéntrase mañá domingo, día do partido, pola mañá no Hotel Meliá María Pita.

Concluído o encontro ante o Extremadura UD, o cadro está citada para adestrar de novo o luns 22 de abril ás 11:00 en Abegondo.