Fernando Soriano, Director Deportivo do Club, atendeu aos medios informativos despois da presentación de Jose Ángel.
A pouco máis de 20 días para o final de mercado, asegura que "estamos tranquilos, temos o cadro bastante avanzada e xa para os retoques que nos quedan imos ben de tempo".
Estas foron algunhas das súas palabras:
Futuras incorporacións
"Están a verse varias varias opcións. Cando está o mercado aberto hai que estar pendente das opcións que che ofrece. Os partidos amigables tamén nos serven de referencia, máis do que ás veces podemos pensar, para detectar carencias ou estar tranquilos nalgunha zona, noutras".
"O que temos que tentar é mellorar o que temos agora mesmo. Durante estas semanas iremos vendo as pretensións que ofrece o mercado e tamén o que ofrecen os nosos xogadores cada día. Eles saben que todos os momentos contan e que estamos pendentes de todas as cousas para poder valoralas. E logo tomar decisións, por suposto".
Carencias no equipo
"Sempre tentas mellorar o que estás a plasmar nestes momentos. Non somos para nada conformistas. Sempre tentamos conseguir o mellor ou tentar ter o mellor para sacar o mellor rendemento ao equipo. E nesas estamos. Creo que agora mesmo se tuvieramos que saír a competir, poderiamos saír a competir".
Salva Sevilla e Rubén Pardo
"Son bos xogadores, con moita calidade, con boa traxectoria. Valoramos unha cantidade importante de xogadores, traballamos para tentar coñecer ao máximo non só o que presenta no campo, senón no que son fóra del. É un aspecto fundamental que nos marcamos tamén para crear un bo grupo de xogadores e crear un equipo".
Saídas de xogadores
"Agora mesmo non hai ningunha decisión tomada. Está claro que se queremos reforzar hai dúas opcións: ou xogadores sub-23 ou saídas para deixar oco ás entradas. A idea é un cadro curto. Os rapaces de abaixo van ter o seu espazo, están a demostralo. Teñen que dar un pasito máis adiante. Esa determinación témola que ver e esa é a planificación que temos na cabeza e que a día de hoxe non cambiou".
Xogadores sub-23
"Os sub-23 nesta categoría se cabe teñen maior importancia que noutras categorías. A saída de Mario Soriano e de Trilli, á parte de ser grandísimos xogadores e achegar moito, dificultan a planificación porque eran xogadores sub-23 e que che complementaban moi ben. Eran xogadores cunha identidade e un status que che daban certo nivel. A situación xerouse así e hai que buscar solucións".
Mercado
"A inflación vai subindo e no mercado tamén sobe un pouco. Está un pouquiño máis elevado que hai uns anos. E logo é certo que somos o Dépor para ben e para mal. Cando o Dépor vai ao mercado, o nome fai que xa só por iso encareza o produto".
Retuerta no equipo
"A día de hoxe non é definitiva unha decisión. Está a adestrar, está a xogar, cos seus partidos bos, os seus partidos non tan bos. Esa decisión irémola tomando co paso dos días. Non tardaremos moito en tomala".
Sorpresas nos amigables
"Sempre sorpréndenche, pero depende do xogador que é, da fisioloxía que teña, cústalle porse máis en forma, menos... Vasche dando conta que hai xogadores que van crecendo co paso dos días, outros que enseguida chegaron moi a ton e todos os demais vanse igualando a el. Esas circunstancias hai que telas en conta, pero por suposto ata que non ves de preto aos xogadores non terminas de coñecelos".
Dianteira
"Hai xente polivalente. Por exemplo Yeremay pode xogar por dereita ou por esquerda; Davo por dereita, por esquerda, en punta, mediapunta; Lucas por diante ou un pouquiño de enganche. Se cadra Barbero é máis específico".
"O mercado vainos a ir marcando. Cada vez imos tendo unha idea máis clara co paso dos días, pero non é sinxelo, chega un momento que tes que esperar. Hai xogadores que xa sabes que están na rampla de saída noutros sitios que che poden interesar, pero tamén outros equipos pendentes. Aínda hai moitos equipos en Segunda División e en Primera RFEF que lles falta un gran número de xogadores e iso fai que todo o mundo estea un pouco pendente e expectante".
Kuki Zalazar
"Non tomamos aínda ningunha decisión dese tipo. Por suposto, cando o diga publicamente é porque o xogador o coñece. No momento que tomamos esa decisión o primeiro que se vai a decatar vai ser o xogador, e canto antes porque será o máis interesado en saber a súa situación. Nese sentido aínda non tomamos ningunha decisión respecto diso".
Partida do orzamento para saídas
"Hai un orzamento que cada cal o manexa un pouco como quere. Podes manexalo para asinar ou nun momento dado para dar saídas. Agora mesmo é un tema que non decidimos. Estou a ver aos mozos traballar ben, esforzarse. Cando se tome esa decisión, veremos como se articula".
Yeremay
"Teredes noticias pronto".