RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#OSNOSOS

Fernando Soriano: Sabemos que temos rapaces que están a apertar forte e que se se gañan o seu sitio estarán aí

Concluída a presentación de Berto Cayarga, Fernando Soriano, Director Deportivo do Club, atendeu aos medios de comunicación e concretou a situación actual de futbolistas como Kuki Zalazar, Retuerta ou David Mella. Precisamente sobre #ANOSACANTEIRA subliñou que "sabemos que temos rapaces están a apertar forte e que se se gañan o seu sitio estarán aí".

Estas foron algunhas das súas frases:

Saída de Kuki Zalazar
"A idea é ocupar esa praza con alguén que ocupe a posición de centrocampista, xa sexa un 6, 8 ou 10. Temos varias opcións".

Tomás Pina
"É un grandísimo xogador. Vímolo en Primeira División, en Segunda División, en equipos importantes. Agora está en China e é unha das opcións que se barallan entre outras moitas".
"O mercado vai moi rápido. Co paso destas horas, tomaremos a a decisión máis adecuada que creamos conveniente para o equipo".

Hugo Rama e Salva Sevilla
"Outros dos nomes importantes. Non se pode confirmar nada porque non hai nada que confirmar nestes momentos. Son opcións interesantes que poderían achegar cousas. A partir de aí valoramos todo. Cando quedan poucas pezas que fichar, buscas compensar as carencias que podes ter e aí é onde estamos a decidir que é o que máis nos pode interesar, que menos, a posición dos xogadores que están aí... A decisión non está tomada, non hai nada avanzado".

Pablo Muñoz
"Dar as cousas por pechadas nunca as dou. Tentarei ser o máis prudente posible porque vos podo asegurar que neste mercado pasoume ter contratos enviados ou só a expensas de firma e non producirse. Entón fágovos ver a dificultade que ten poder pechar unha contratación. Nunca darei cousas por sentadas. É certo que é outro xogador polo que se preguntou pero como el hai outros. O mercado está aberto. O meu labor neste momento do ano, á parte de tentar ter as condicións óptimas para que o adestrador teña as mellores disposicións posibles e poder afrontar todos os adestramentos e todos os partidos, está a de confeccionar o cadro e facela a mellor posible dentro do noso criterio".

David Mella
"Non é cuestión dun día senón de moitos días ser profesional. É difícil chegar, pero o máis difícil é manterse. Esa constancia, ese día a día, esa continuidade provoca unha esixencia máxima a nivel persoal, física, a nivel de atención, concentración, rendemento diario. Está a dar pasos importantes. O outro día foi con Paris Adot os dous primeiros cambios. O cadro non vai ser longa. Vai haber 19 xogadores de campo, 18, 20 como moito, practicamente dous por posto ou mesmo menos porque sabemos que temos rapaces están a apertar forte e que se se gañan o seu sitio estarán aí".

Céspede
"Sabemos as circunstancias do clima, o tempo, a calor que está a facer... Non axudan demasiado as altas temperaturas. Están a porse todos os medios a disposición para poder mellorar nese sentido".

Retuerta
"En principio é xogador do cadro. Está a adestrar ben. Agora cremos que está a facer mellor as cousas. Eu falo co míster e está contento. Veremos de aquí ao final pero en principio estará connosco".
"Son compatibles perfectamente (Retuerta e Pablo Muñoz). Non sae Retu para que entre alguén. Fichas sub-23 dispomos. Non temos que sacar a ninguén. Retu é unha posición de lateral esquerdo na que agora mesmo especificamente só está Balenziaga. Pode xogar Barcia, como o día do Arenteiro, a un gran nivel. Mesmo Ximo Navarro. O adestrador ten aí varias opcións onde poder elixir. Sempre se tenta buscar a versatilidade nos xogadores, e máis en cadros curtos para que poida dispor de varias opcións en cada posición. Nese sentido Retu é outro xogador máis con boas condicións. Cada un necesita o seu proceso, o seu tempo. É un rapaz novo e agora mesmo diría que vai formar parte do noso cadro".