RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Fernando Soriano: "Temos obxectivos en xogo e niso estamos centrados"

Fernando Soriano, Director de Fútbol, pasouse pola zona mixta do Estadio de Anduva.

Insiste en ir "partido a partido. Somos o Dépor. Hai que saír a gañar en cada partido, en cada estadio. A dinámica do equipo é moi positiva. Son moitas xornadas sen perder, dando a cara sempre. Seguimos cos nosos obxectivos aínda por cumprir".

Subliña que "o Deportivo viste unha camiseta moi grande, ten que saír a gañar en cada partido, en cada estadio. É o que está a facer, o que está a demostrar cada domingo. O único que estamos a mirar é en conseguir a salvación a partir de aí non renunciamos a nada".

Lembra Fernando Soriano que "quedan 7 xornadas, a próxima semana o CD Tenerife. Tentaremos sumar puntos para seguir escalando".

Advirte que esta temporada "hai que recoñecer erros, algún acerto tamén pero hai obxectivos en xogo. Non podemos despistarnos nada. Sabemos a igualdade que hai nesta competición. No momento que miras para outro lado ao rival dáslle vantaxe. Aínda hai moitas cousas en xogo".

Cre que "non podemos perder enerxía en pensar noutras cousas. Temos obxectivos en xogo e niso estamos centrados o Consello, eu, o resto do Club, o míster, os xogadores. Sabemos o que está en xogo cada domingo. Temos unha afección incrible detrás e temos que centrarnos no domingo. Cando se cumpran os obxectivos poderemos sentarnos e empezar a planificar a temporada que vén".

O Director de Fútbol branquiazul pide "a nivel clasificatorio ir conseguindo retos. O primeiro é o primeiro e logo imos ver se hai outros. Hai que aspirar sempre ao máximo. Non somos conformistas e por iso non podemos distraernos".

Finalmente admite que "por suposto que estamos contentos con Óscar Gilsanz pero non é momento de falar de futuro. A semana que vén o CD Tenerife e a ver se somos capaces de darlle continuidade á boa vitoria co Cádiz CF para conseguir o primeiro obxectivo e logo outros obxectivos bonitos polos que loitar".