RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Fernando Vázquez: "Foi beneficioso para o equipo gañar hoxe"

Fernando Vázquez manifestou na sala de prensa de ABANCA-RIAZOR que "cando ganas as sensacións son animicamente boas. Creo que foi beneficioso para o equipo gañar hoxe. Houbo momentos nos que estivo ben, nos que sentiuse cómodo. Son sensacións positivas e penso que seguimos dando pasos cara a adiante. Lentamente, pero si".

En consecuencia, o técnico deportivista asegura que o equipo "está ben, feliz de conseguir o pase. Agora a esperar á seguinte rolda".

Sobre o partido, considera que "estivemos peor cando quedamos igualados en número de xogadores. Non tivemos demasiados problemas no primeiro tempo cando quedamos en inferioridade. No segundo, cando un equipo vai perdendo... É unha cuestión mental. Un equipo como o CD El Ejido non ten nada que perder e tiras cara arriba. E a nós custábanos defender con dúas liñas de catro. Cousa que temos adestrada pero había a sensación de que nos podían facer gol. Volvín cambiar a estrutura do equipo e deunos seguridade e posibilidades de aumentar o marcador".

Reflexiona Fernando Vázquez sobre o papel da Copa de SM O Rei nesta temporada: "O obxectivo deste ano do Deportivo é a Copa ou subir a Segunda División. Agora non é problemática porque xogamos hoxe, o día 3 (de xaneiro). Pero imaxinémonos que pasamos a seguinte eliminatoria. A continuación teriamos liga, Copa... E que nos pode tocar un partido fóra de ABANCA-RIAZOR. Gastar enerxías do equipo en prol de algo que me parece... aínda que este ano é máis fácil porque podes chegar a semifinais a partido único. É unha formulación que nos temos que facer se pasamos a seguinte rolda, que non é preocupante porque temos unha semana de recuperación. Imos ver onde nos toca evidentemente".

Iso si, quere deixar claro que "aínda que eu opine que non sexa un obxectivo prioritario non signifique que cando fago un equipo queira perder ese partido. Iso nunca. Non quero perder eses partidos pero podo utilizar outros recursos que teño dentro do Club".

Pola súa banda, Tito García Sanjuán, técnico do CD El Ejido, subliñou que se marcha de ABANCA-RIAZOR cunhas sensacións "que non son as mellores. Eles os primeiros minutos foron moi superiores. A expulsión condiciona moito e fixémonos uns pouco donos do partido. Mesmo en igualdade numérica coa nosa expulsión estivemos por encima. Unha vez vistas as imaxes, referendan o que vimos no terreo de xogo: un penalti clarísimo e dous goles anulados. O esforzo que fixeron todos os meus xogadores vese truncado por decisións dos colexiados".