RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Frenética semana para o Dépor ABANCA con Copa en Abegondo e liga en Oviedo

O Dépor ABANCA encara unha frenética semana, con dobre cita oficial.

Sen descanso despois do gran arranque ligueiro de onte domingo ante o Rayo Vallecano, o primeiro equipo feminino do Club volveu esta mañá ao traballo para preparar o partido de Copa de la Reina deste mércores 14 de setembro ás 16:30 en Abegondo (entrada libre), en eliminatoria a partido único, ao CD Parquesol de Valladolid.

Xa a fin de semana en liga toca visitar ao Real Oviedo en choque correspondente á 2ª xornada en Primera Federación FutFem. Desta forma, as deportivistas defenderán o liderado na táboa de Primeira Federación FutFem logrado após a súa goleada no partido inaugural.

A maiores, o equipo que dirixe Irene Ferreras terá catro sesións matinais na Cidade Deportiva. As futbolistas presentaranse cada día na instalación branquiazul ás 08:30 para realizar diferentes tarefas (ximnasio, vídeo...) antes de saltar ao céspede.

A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:

Luns 12 de setembro

09:00 h.

Martes 13 de setembro

10:00 h.

Mércores 14 de setembro

16:30: Deportivo ABANCA - CD Parquesol (Copa de la Reina), en Abegondo (entrada libre)

Xoves 15 de setembro

Descanso

Venres 16 de setembro

10:00 h.

Sábado 17 de setembro

10:00 h.

Domingo 18 de setembro

17:00: Real Oviedo - Deportivo ABANCA, nas instalacións deportivas HFE TENSI