RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Héctor Hernández, convencido de que o Deportivo "ten moita marxe de mellora. Isto acaba de empezar"

Héctor Hernández atendeu aos medios de comunicación esta mañá na sala de prensa de ABANCA-RIAZOR.

O lateral deportivista destacou o traballo da liña defensiva do equipo, cun gol encaixado nos tres primeiros partidos de competición: "Está a verse que está a bo nivel. Non só a liña defensiva. O equipo enteiro está a demostrar unha solidez e ganas de querer gañar, de levarnos os tres puntos; e sobre todo esa ambición e fame que ten ese vestiario".

Autor do gol do triunfo do Dépor o pasado domingo en Salamanca, advirte que "cambia moito xogar de local a visitante. Non é o mesmo xogar o outro día no campo do Unionistas que xogar este domingo fronte ao Coruxo FC ou fronte ao que sexa. En ABANCA-RIAZOR, e fóra tamén, debemos demostrar que queremos levar o mando do partido. E en casa por suposto, sexa o Coruxo e sexa quen sexa. Imos saír a polos tres puntos e se pode ser cun resultado máis avultado, mellor para todos. O importante é gañar, conseguir os tres puntos e partido a partido iremos sumando".

Tamén lembra que "isto acaba de empezar. Levamos moi poucas xornadas. Non é o momento de estar a mirar a clasificación e sobre todo comparando (co outro subgrupo). No noso subgrupo xogaremos entre nós e os mellores pasarán á seguinte fase; e no outro subgrupo pasarán á seguinte fase. Non nos obsesionemos con quen está agora mesmo arriba, quen non. Imos xogar. Isto é partido a partido".

Nesta liña, opina que o Deportivo "en xeral ten moita marxe de mellora. Isto acaba de comezar. Estamos a coller conceptos do míster. Aos poucos iremos collendo a idea que nos está transmitindo e isto verase reflectido no campo".