Iñigo López Montaña (Logroño, 23 de xullo de 1982) converteuse en novo xogador do RC Deportivo, ao que chegou coa carta de liberdade para asinar polo que resta de temporada após pasar recoñecemento médico no Hospital HM Modelo da Coruña.
Defensa central de ampla experiencia, cunha bagaxe de 81 partidos e 5 goles na división de honra e de 105 encontros e 7 tantos na categoría de prata, conta na súa palmarés con tres ascensos: o primeiro de Segunda B a Segunda co AD Alcorcón (2009-2010) e os dous últimos de Segunda a Primeira, co Granada CF (2010-2011) e coa SD Huesca (2017-2018).
Após sobresaír no conxunto granadino, Iñigo López foi fichado polo PAOK grego de cara ao curso 2013-2014. O conxunto de Salónica cedeuno ao Celta. A posteriori militou unha campaña no Córdoba CF e tres na SD Huesca, antes de fichar a principios do presente exercicio polo Extremadura UD, co que xogou 7 partidos, todos como titular, na primeira volta de LaLiga 1|2|3.