RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Iván Cavaleiro, preconvocado pola Selección Sub-21 de Portugal para o Campionato de Europa

O deportivista Iván Cavaleiro foi preconvocado pola Selección Sub-21 de Portugal para disputar a Fase Final do Campionato de Europa da categoría, que se celebrará na República Checa do 17 ao 30 do próximo mes de x

O 1 de xuño, Rui Jorge, seleccionador luso, fará pública a convocatoria definitiva. En caso de estar incluído nesta lista, Iván Cavaleiro debe presentarse en Rio Maior ese mesmo día.

O calendario da Primeira Fase de Portugal é o seguinte:

-Xoves 18 de xuño: INGLATERRA - PORTUGAL
-Domingo 21 de xuño: ITALIA - PORTUGAL
-Mércores 24 de xuño: PORTUGAL - SUECIA

As semifinais disputaranse o 27 de xuño; o partido polo terceiro e cuarto posto, que decidirá unha praza olímpica, o 28 de xuño; e a gran final o 30 de xuño.

Costa Rica comunica ao Dépor varios compromisos internacionais de Borges
 
A Federación Costarriqueña de Fútbol comunicou ao Deportivo que Celso Borges ten varios compromisos internacionais coa selección de Costa Rica ao finalizar a liga. Son os seguintes:
 
-6 de xuño: COSTA RICA - COLOMBIA, en Arxentina
 
-11 de xuño: ESPAÑA - COSTA RICA, en España
 
-27 de xuño: COSTA RICA - MÉXICO, en Estados Unidos
 
-Copa de Ouro da Concacaf, en Estados Unidos, con este calendario para Costa Rica na Primeira Fase:
 
9 de xullo: COSTA RICA - XAMAICA
12 de xullo: COSTA RICA - O SALVADOR
15 de xullo: CANADÁ - COSTA RICA
 
O futbolista deberá incorporarse á concentración da súa selección antes do 30 de maio. Permanecerá concentrado ata que finalice a súa participación na Copa de Ouro, cuxos partidos definitivos serán o 18 e 19 de xullo (cuartos de final), o 22 de xullo (semifinais), o 25 de xullo (final de consolación) e o 26 de xullo (final).

Canadá cita ao fabrilista Sam Piette

O fabrilista Sam Piette foi convocado por Canadá para disputar dous partidos clasificatorios para o Campionato do Mundo no mes de xuño e a Copa de Ouro da CONCACAF en xullo, en Estados Unidos.

Os partidos programados son os seguintes:
-11 de xuño: DOMINICA - CANADÁ (clasificatorio para o Mundial) en Roseau
 
-16 de xuño: CANADÁ - DOMINICA (clasificatorio para o Mundial) en Toronto
 
-Copa de Ouro da Concacaf, co seguinte calendario:
 
9 de xullo: O SALVADOR - CANADÁ
12 de xullo: XAMAICA - CANADÁ
15 de xullo: CANADÁ - COSTA RICA
 
O futbolista deberá incorporarse á concentración da súa selección en Orlando (Estados Unidos) o 7 de xuño, en plena fase de ascenso a Segunda División B do Fabril. Permanecerá concentrado ata que finalice a súa participación na Copa de Ouro, cuxos partidos definitivos serán o 18 e 19 de xullo (cuartos de final), o 22 de xullo (semifinais), o 25 de xullo (final de consolación) e o 26 de xullo (final).