Manuel Pablo: "Non nos van a regalar nada. As cousas témolas que conseguir nós"
Manuel Pablo pide aos seus futbolistas mañá sábado 12 de abril ás 18:30 no Estadio Pepe Quimarán ante o UD Llanera "adaptarse. Vai haber moitas situacións de duelos. Hai que estar moi preparados para esas disputas. Tentaremos que non sexa o mesmo escenario para os dous equipos. Tentaremos xogar para que non sexa todo disputas aéreas. Tentaremos circular a pelota, ter esa tranquilidade, esa personalidade para poder xogar. Poden pasar moitas cousas nun campo tan estreito", advirte.
O técnico fabrilista nesta recta final (con UD Llanera, Salamanca CF UDS, CD Laredo e RS Gimnástica de Torrelavega como rivais) deixa claro que "non nos van a regalar nada. As cousas témolas que conseguir nós. Temos que seguir con esa idea que temos, non cometer erros, non crernos porque son equipos que se cadra están descendidos e non vas coa necesidade, coa intensidade, coas ganas coas que debes afrontar estes partidos".
Insiste en que "competir compiten todos os equipos. Despois as situacións en contra durante o partido posiblemente aféctanlles máis pero de principio non nos van a regalar nada".
Ve aos mozos a nivel anímico "ben pero temos que entender que se queremos estar aí temos un partido que non lle gusta a ningún. Se queres estar aí hai que adaptarse. Non é o máis cómodo para eles o poder xogar como queren pero é o que che vas a atopar".