Marlos Moreno, autocrítico: Ata o momento non mostrei o moito que podo achegar ao equipo
Marlos Moreno foi o protagonista esta mañana na sala de prensa de Abegondo. Manifestó atoparse "moi ben, grazas a deus. Preparado para o que vén".
O internacional colombiano engadiu estar "coa satisfacción de que gañamos o partido anterior. Sabemos que non gañamos nada e que hai que seguir traballando".
Asegura Marlos que o equipo "sempre tivo a mentalidade positiva de que (ante o Sporting) iamos quitar un bo resultado. Necesitabámolo e grazas a deus deuse".
O dianteiro deportivista fai autocrítica e recoñece que "ata o momento non mostrei o moito que podo achegarlle ao equipo. Estamos paso a paso, de menos a máis. Esperamos Deus mediante coller o ritmo de competición rápido".
Agradece a confianza de Gaizka Garitano, "esperemos que eu siga devolvéndolle esa confianza que el sente por min. A medida que van pasando os partidos uno xa vai con máis confianza e vai mostrando o bo que un poida achegar".
Tivo palabras de eloxio para o deportivismo, que o pasado sábado ante o Sporting de Xixón, como cada vez que o Dépor xoga en Riazor, apoiou sen descanso: "É unha afección moi linda. No persoal mostroume agarimo. Queren que eu estea aquí e esperemos cumprirlle ese obxectivo que eles queren".