RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Nahuel regresa á convocatoria do Dépor para recibir esta noite á AD Alcorcón

Após cumprir dous partidos de sanción pola súa discutida expulsión en Granada, Nahuel entrou na lista de convocados de Natxo González para recibir esta noite (21:00 horas, GOL e LaLiga 1|2|3 TV) á AD Alcorcón en ABANCA-RIAZOR, no encontro que pecha a xornada 28ª en LaLiga 1|2|3.

Quedan fóra da convocatoria de maneira obrigada os lesionados Krohn-Dehli e Carlos Fernández.

Esta mañá, o técnico deportivista citou ao seu cadro para almorzar en Abegondo ás 10:00 horas.

Despois de case media hora na sala de vídeo, os futbolistas saltaron ao céspede da Cidade Deportiva para uns exercicios de mobilidade e un último repaso táctico.

Os 18 xogadores citados concéntranse este mediodía no Hotel Meliá María Pita, á espera do partido.

Unha vez finalizado o choque ante a AD Alcorcón, todo o cadro adestrarase de novo en Abegondo o mércores 6 de marzo ás 11:00 horas.