O Dépor ABANCA B sacou adiante (1-2) un difícil encontro na Reigosa ante o PM Friol, un rival da zona alta da táboa da Tercera Federación.
Foron decisivos os goles de Michi Apóstol e Lucía Mariño na primeira media hora de xogo.
As lucenses recortaron diferenzas ao fío do descanso pero as branquiazuis lograron tapar todas as vías de entrada a Antía Veiga.
O encontro deixou ademais a boa noticia dos minutos de competición de Carmen Carballada despois da súa lesión. Tamén participou Dunia Dahmouni, xa de volta da concentración da selección de Marrocos sub-20.
Con este resultado, e a falta de 3 partidos, o filial manda na clasificación con 70 puntos.
Deportivo ABANCA B: Antia Veiga, Paula Martínez, Laura Ruiz, Emma Gandoy, Noe Mayo, Lucía Mariño, Marta Rico, Paula Monteagudo, Vázquez, Michi Apostol e Laura Otero. Tamén xogaron: Carmen Carballada, Yanis Citoula, Anfal El Yamani e Dunia Dahmouni
O vindeiro sábado 19 de abril ás 16:30 o conxunto de Óscar Orro recibe na Cidade Deportiva ao Real Oviedo B.
Os resultados até a data do Dépor ABANCA B son os seguintes:
CD Villa de Simancas 2 - Dépor ABANCA B 2 (Laura Ruiz e Lucía Mariño)
Dépor ABANCA B 3 (Michi Apóstol, Dunia Dahmouni e Paula Novo) - Victoria FC 0
Sárdoma CF 0 - Dépor ABANCA B 2 (Carmen Carballada e Laura Otero)
Dépor ABANCA B 1 (Paula Monteagudo) - CD Lugo 0
Sporting de Gijón B 0 - Dépor ABANCA B 2 (Paula Monteagudo e Paula Novo)
Deportivo ABANCA B 14 (Laura Otero -3-, Michi Apóstol -2-, Paula Monteagudo -5-, Anfal El Yamani, Laura Santos, Laura Ruiz e unha futbolista rival en propia meta) - CD Romanón 0
Olímpico de León 0 - Deportivo ABANCA B 4 (Michi Apóstol -2-, Laura Santos e Laura Otero)
Deportivo ABANCA B 1 (Anfal El Yamani) - RC Celta 1
Victoria CF 0 - Deportivo ABANCA B 0
Deportivo ABANCA 12 (Anfal El Yamani -6-, Noe Mayo, Paula Novo -2-, Dunia Dahmouni -2- e Ana Capelo) - Bergantiños CF 0
Lóstrego CF 1 - Deportivo ABANCA B 1 (Laura Otero)
Deportivo ABANCA B 4 (Michi Apóstol, Anfal El Yamani e Paula Monteagudo -2-) - PM Friol 0
Real Oviedo B 0 - Deportivo ABANCA B 4 (Paula Monteagudo -3- e Laura Otero)
Deportivo ABANCA B 6 (Paula Monteagudo -2-, Laura Otero -2-, Michi Apóstol e Noe Mayo) - CD Bovedana 0
CD Parquesol 0 - Deportivo ABANCA B 9 (Michi Apóstol -2-, Sara Cercido, Paula Novo -2-, Elena Vázquez, Ana Capelo, Redru e Yanís Citoula)
Deportivo ABANCA B 3 (Michi Apóstol -2- e Laura Otero) - CD Villa de Simancas 1
Victoria FC 0 - Deportivo ABANCA B 3 (Paula Novo, Anfal El Yamani e unha futbolista rival en propia meta)
Deportivo ABANCA B 2 (Laura Otero e Vázquez) - Sárdoma CF 1
CD Lugo 0 - Deportivo ABANCA B 1 (Michi Apóstol)
Deportivo ABANCA B 8 (Michi Apóstol, Anfal El Yamani -3-, Lucía Mariño -2-, Laura Otero e Yanis Citoula) - Sporting de Gijón B 0
Deportivo ABANCA B 0 - Olímpico de León 1
RC Celta 1 - Deportivo ABANCA B 2 (Laura Otero e Marta Rico)
Deportivo ABANCA B 3 (Laura Otero e Michi Apóstol -2-) - Victoria CF 0
Bergantiños CF 1 - Deportivo ABANCA B 2 (Paula Monteagudo e Elena Vázquez)
Deportivo ABANCA B 3 (Paula Monteagudo -2- e Lucía Mariño) - Lóstrego CF 0
PM Friol 1 - Deportivo ABANCA B 2 (Michi Apóstol e Lucía Mariño)