RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

O Dépor ABANCA, co apoio da alcaldesa da Coruña e do presidente branquiazul, estréase mañá domingo en Barcelona ante a CE Europa

O Dépor ABANCA inicia a liga en Primera Federación Iberdrola mañá domingo 10 de setembro ás 11:00 (canle de twich de btvesports) no campo Nou Sardenya de Barcelona ante a CE Europa, equipo recentemente ascendido.

Antes de viaxar, As Nosas realizaron un último adestramento na Cidade Deportiva ás 9:30, que contou coa visita da alcaldesa da Coruña, Inés Rey; acompañada polo presidente do Deportivo Alvaro García e o conselleiro Álex Bergantiños.

O máximo dirixente branquiazul agradeceu a presenza da rexedora coruñesa, quen á súa vez quixo trasladar todo o ánimo e a sorte para o Dépor ABANCA neste inicio de competición.

O equipo deportivista preséntase en Barcelona despois dunha pretemporada con 6 partidos, saldados con 3 vitorias, 2 derrotas e 1 empate;e un balance goleador de 6 tantos a favor e 5 en contra. Enfronte houbo rivais de todos os tipos: da mesma competición (Deportivo Alavés Gloriosas e Athletic Club B), de primeiro nivel de Portugal (SC Braga e Sporting CP), da máxima categoría en España (SD Eibar) e de inferior categoría (Real Oviedo).

Millene foi a protagonista do verán con 3 goles. Paula Gutiérrez, Eva Dios e Marta Charle completaron a nómina de anotadores.

Irene Ferreras, en rolda de prensa onte venres, indicou que "cando tes o bloque xeral encamiñado trátase de ir puíndo pequenas cousas. Nos partidos de pretemporada buscabamos elevar un pouquiño a esixencia respecto da temporada anterior. Creo que o equipo está preparado para dar un pasito máis. Xogamos contra equipos de moita entidade que nos puxeron as cousas moi complicadas. Iso permítenos seguir crecendo, estar alerta, entender a dificultade que teñen os partidos, saber xestionar partidos de máxima igualdade... Sacamos moitas conclusións positivas. Sempre que pasan cousas que se cadra non saen como queres do todo sérveche para sacar conclusións que axuden a encamiñar o traballo do día a día".

Conclúe que foi "unha pretemporada moi completa onde todas as futbolistas tiveron oportunidades, onde o equipo ha ir na dirección que queriamos e sinto que chegamos preparadas para iniciar a competición".

Sara Debén, lesionada nun cuádriceps, é a única baixa coa que conta a adestradora branquiazul, que leva na citación de 18 futbolistas á canteirá Elena Vázquez.

O conxunto deportivista viaxa este mediodía segundo esta folla de ruta:

Sábado 9 de setembro
9:30: Adestramento en Abegondo
14:05: Saída do voo de Santiago con destino ao Aeroporto Josep Tarradellas-Barcelona
15:45 (horario aproximado): Chegada ao Aeroporto Josep Tarradellas-Barcelona e traslado á AC Hotel by Marriott San Cugat
20:30: Sesión de activación

Domingo 10 de setembro
11:00: CE Europa - Deportivo ABANCA, no Estadio Nou Sardenya (Barcelona)
Ao concluír comida no hotel
20:30: Saída do voo do Aeroporto de Josep Tarradellas-Barcelona con destino ao Aeroporto da Coruña
21:55 (horario aproximado): Chegada ao Aeroporto da Coruña

Concluído o encontro, As Nosas adestraranse de novo o martes ás 18:30 xa en Palma de Mallorca, posto que o mércores toca Copa de la Reina ante o Balears FC.