O Dépor ABANCA caeu (2-1) no Estadio Jesús Navas ante o Sevilla FC en partido correspondente á 11ª xornada en Liga F.
Con este resultado, As Nosas prolongan a súa dinámica negativa ao encadear a súa 3º derrota consecutiva, co que quedan con 6 puntos na 15ª posición da táboa.
O conxunto deportivista encarou o encontro coa única ausencia de Yohana, lesionada.
Pola súa banda, o Sevilla FC das ex deportivistas Sullastres e Iris Arnaiz marcha na zona tépeda da clasificación.
Arrincou forte o conxunto andaluz, cunha ocasión de Kanteh que abortou Inês Pereira baixo paus.
Gemma puxo por diante ao Sevilla FC aos 17 minutos. A atacante sevillista meteuse na área e colocou o balón lonxe do alcance da gardameta deportivista.
O Dépor ABANCA rozou o empate aos 36 minutos nunha gran xogada de Millene, que se marcha de Diana Gomes na frontal da área pequena e xuta raso. Sullastres despexa con apuros co pé.
Respondeu nunha rápida transición o Sevilla FC por mediación de Kanteh, unha dianteira moi potente. O seu remate vaise lixeiramente desviado ao poste esquerdo da meta de Inês Pereira.
O partido estaba igualado aínda que quizais con máis presenza ofensiva sevillista.
Sufriron As Nosas nos instantes finais nunha xogada de Kanteh, que se marcha de Vera, e o seu centro atrás mándao Lucía Martínez, no seu afán por despexar, á cepa do pau esquerdo da portería de Inês Pereira.
No entanto, a última oportunidade do primeiro tempo foi para Millene. A brasileira recibe de Ainhoa, regatea de maneira espectacular ao seu par pero róubanlle a pelota cando ía rematar ante Sullastres.
Así se chegou ao descanso.
Após o paso polos vestiarios, Irene Ferreras da entrada a Oriana Altuve por Lucía Martínez.
Aos 55 minutos, Inês Pereira derruba a Kanteh fóra da área e foi expulsada con vermella directa pola colexiada do partido. Máis obstáculos para As Nosas.
Desta forma, a canteirá Martina Rivas saltaba ao céspede no que era o seu debut co primeiro equipo en Liga F.
A pesar de estar con 10, o Dépor ABANCA tirou de corazón para polo menos empatar o choque.
Altuve, a centro de Lara, a punto estivo de igualar. Salvou Sullastres nunha gran parada.
Irene Ferreras trata de axitar a árbore coa entrada de Hmírová, ADT e Henar por Lara, Bárbara e Millene.
Con superioridade numérica, o Sevilla FC aproveitou para aumentar a vantaxe nun rápido contragolpe culminado por Paula Partido, que acababa de relevar a Kanteh.
No desconto, Oriana Altuve, en posición acrobática, cabecea á rede a pesar da oposición da súa defensora. Quedaban 4 minutos de esperanza.
Tentouno o Dépor ABANCA até o asubío final, pero non logrou polo menos rescatar un punto.
Sevilla FC: Sullastres, Eva Llamas, Alicia (Cortés, min. 78), Lucía Corrales (Alba Cerrato, min. 28), Kanteh (Paula Partido, min. 59), Iris Arnáiz, Débora García, Diana Gomes, Gemma (Nazareth, min. 78), Padilla Bidas (Andrea Gálvez, min. 78) e Raquel
Dépor ABANCA: Inês Pereira, Samara (Martina Rivas, min. 55), Raquel, Vera, Lara (Henar, min. 61), Lucía Martínez (Ori Altuve, min. 46), Paula Gutiérrez, Olaya, Ainhoa Marín, Bárbara (Hmírová, min. 61) e Millene (ADT, min. 61)
Árbitra: Alicia Espinosa Ríos, do comité madrileño. Amoestou a Alicia (min. 69); e expulsou con vermella directa a Inês Pereira (min. 55)
Goles: 1-0 Gemma (min. 17); 2-0 Paula Partido (min. 67); 2-1 Oriana Altuve (min. 90+1)
Incidencias: partido correspondente á 11ª xornada en Liga F disputado no Estadio Jesús Navas da Cidade Deportiva do Sevilla FC