O Dépor ABANCA prepara desde mañá martes a visita ao Levante UD co firme desexo de quedar en Liga F e "acabar o máis arriba que podamos"
O Dépor ABANCA comeza mañá martes a preparar a seguinte cita en Liga F, a visita ao Levante UD prevista para o domingo 20 de abril ás 12:00 (Dazn) na Cidade Deportiva do equipo granota.
O triunfo do pasado sábado en ABANCA-RIAZOR ante o FC Levante Badalona deixou ás Nosas en 11ª posición con 26 puntos.
"Querémonos quedar en Liga F", subliñou Fran Alonso en rolda de prensa após derrotar ao conxunto catalán á vez que lanza unha mensaxe ambiciosa porque tamén desexa "acabar o máis arriba que podamos".
Admite o técnico deportivista que "este parón nos veu moi ben porque a derrota ante o Athletic Club foi dura para o grupo. Puidemos corrixilo nestas dúas semanas e ímonos con moi boas sensacións, moita confianza nas dúas áreas".
Conclúe Fran Alonso que "imos con moi boas sensacións ao seguinte partido".
Están previstas 4 sesións matinais en Abegondo. A última, a do sábado 19, arrincará ás 8:30 posto que ao concluír o equipo viaxará a Valencia.
A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:
Martes 15 de abril 11:00
Mércores 16 de abril 11:00
Xoves 17 de abril Descanso
Venres 18 de abril 11:00
Sábado 19 de abril 8:30
Domingo 20 de abril 12:00: Levante UD - Deportivo ABANCA, na Cidade Deportiva do Levante UD