O Dépor arranca a semana con Pepe Sánchez no grupo
O Dépor arrancou esta mañá unha semana longa para preparar a próxima cita no grupo 1º de Primera Federación, o domingo 14 de maio ás 12:00 (InSports.tv) no Estadio de Linarejos ante o Linares Deportivo.
Pepe Sánchez, que a semana pasada viuse obrigado a baixar a carga de traballo, completou hoxe con normalidade o pautado. Tan só retirouse na última tarefa de acordo cos técnicos e os Servizos Médicos, que seguirán a súa evolución nos próximos días para ver se o defensa andaluz está en disposición de viaxar a Linares.
Están con adestramento personalizado Quiles; Antoñito, pendente da evolución desas molestias nun aductor que lle obrigaron a pedir o cambio a pasada fin de semana ante o AD Alcorcón en ABANCA-RIAZOR; e Lucas Pérez, que xa saltou mesmo ao céspede acompañado polo readaptador Alejandro Canosa após recibir a alta no Hospital Quirón Salud A Coruña, onde foi operado onte.
Co xuvenil Diego Gómez no grupo, Óscar Cano dispuxo nesta primeira sesión dun quecemento, un xogo de posición, unha primeira tarefa táctica e fútbol reducido, de alta intensidade, para concluír.
Mañá mércores, Os Nosos están citados en Abegondo xa ás 9:00 para almorzar e saltar ao campo a partir das 10:30.