RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

O Dépor prepara desde mañá mércores a visita do CD Tenerife a ABANCA-RIAZOR nuns "últimos partidos determinantes para todos"

Despois de dúas xornadas de descanso, onte luns e hoxe martes 15 de abril, o Dépor comeza mañá mércores 16 de abril a preparar a visita do CD Tenerife a ABANCA-RIAZOR prevista para o domingo 20 de abril ás 21:00 horas (LaLiga TV Hypermotion).

Helton Leite, na zona mixta do Estadio de Anduva, apuntou o pasado domingo que "quedan 7 partidos moi importantes. Os últimos partidos son determinantes para todos, para consolidar unha temporada".

O porteiro brasileiro cualifica ao RC Deportivo como "un club moi grande. Todos os que están aquí teñen que saber que (volver a Primera División) é a expectativa, a ambición de todos. O Club seguramente estará rapidamente en Primera. Oxalá que eu estea aquí e vivir iso. Todos os xogadores que están aquí saben o grande que é o Club".

Os resultados da última xornada, co empate (2-2) en Miranda de Ebro, deixou a Os Nosos con 49 puntos na metade xusto da táboa de LaLiga Hypermotion, na 11ª posición.

Diego Villares, o capitán, valorou positivamente ante os medios de comunicación o punto conseguido "cando o partido se che pon costa arriba" e sobre os obxectivos pide "primeiro asegurar a permanencia e despois veremos para o que nos pode dar".

Óscar Gilsanz dispuxo esta semana 4 sesións matinais en Abegondo con almorzo e comida para o cadro na propia instalación.

A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:

Mércores 16 de abril
11:00 h.

Xoves 17 de abril
11:00 h.

Venres 18 de abril
11:00 h.

Sábado 19 de abril
11:00 h.

Domingo 20 de abril
21:00: Deportivo - CD Tenerife, en ABANCA-RIAZOR