RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O deportivismo arroupa a Iñigo López e Matías Nahuel na OP de Correos

- Galería acto de firmas en Correos -

As dúas últimas incorporacións do Real Club Deportivo, Iñigo López e Matías Nahuel Leiva, tiveron hoxe o seu primeiro encontro cos Deportivistas, con motivo dun acto de firmas e fotos na O.P. de Correos na Coruña, que este verán foi ademais sede da OAD durante as obras do Estadio ABANCA-RIAZOR.

O acto coincide coa semana de San Valentín, na que os deportivistas poden comprar produtos de deportienda.es cos gastos de envío gratuítos, envíos realizados co servizo de Correos.

Os afeccionados que se achegaron a coñecer aos xogadores do Dépor entraron ademais no sorteo dunha camiseta Noite Meiga asinada por todo o cadro do Dépor.

Nenos e maiores puideron fotografarse co central rioxano e o atacante arxentino, que recibiron á súa vez o agarimo dos afeccionados do Dépor.

Os seareiros deportivistas levaron ademais un sorriso dos dous futbolistas e unha postal dedicada por eles da súa propia man.

Matías Nahuel xa puido comprobar o efecto da bnacada de ABANCA-RIAZOR no seu debut coa camiseta branquiazul o pasado sábado 2 de febreiro ante o CD Tenerife: "Para nós é moito e vénnos a favor. Aos equipos ponlles un pouco de medo iso", comentou na rolda de prensa da súa presentación.