RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#OSNOSOS

O GD Chaves, o sábado 3 de agosto, pechará a concentración do Dépor

A concentración do Dépor en Portugal concluirá este sábado 3 de agosto cun último amigable. O rival será o GD Chaves de Segunda División a partir das 18:00 (hora local, 19:00 en Galicia) no Estadio Municipal de Chaves. En xogo estará a IV edición do Trofeo Emílio Macedo.

O encontro, enmarcado na DéporXira Auga de Parada será retransmitido en directo pola canle oficial de YouTube do RC Deportivo grazas a Auga de Parada.

Esta firma, referente histórico en cidade no equipamento para baños, fai posible a retransmisión de todos os partidos de pretemporada.

Auga de Parada esponsorizou as retransmisións da última DéporXira, a da pretemporada 2023-24, e patrocinou durante as dúas últimas campañas as emisións de partidos desde Abegondo, que comezaron durante o curso 2022-23 con todos os encontros do Dépor ABANCA e algúns de Fabril e Xuvenil A.

O calendario de amigables de pretemporada, cos resultados dos xa xogados, queda así:

Martes 23 de xullo
Ourense CF 0 - Deportivo 4 (Yeremay, Mario Soriano, Barbero e Pablo Muñoz)

Sábado 27 de xullo
Pontevedra CF 0 - Deportivo 2 (Villares e Hugo Rama)

Martes 30 de xullo
FC Famalicão 2 - Deportivo 2 (Barbero e Lucas)

Mércores 31 de xullo
Gil Vicente FC 0 - Deportivo 0

Sábado 3 de agosto
18:00 (hora local, 19:00 hora galega): GD Chaves - Deportivo (IV Troféu Emílio Macedo), no Estadio Municipal de Chaves (📺YouTube RC Deportivo)

Venres 9 de agosto
20:30: Deportivo - Unionistas de Salamanca CF (semifinal do LXXIX Trofeo Teresa Herrera), en ABANCA-RIAZOR (📺YouTube RC Deportivo)

Sábado 10 de agosto
Terceiro e cuarto posto (16:00) ou gran final (21:00 horas) do LXXIX Trofeo Teresa Herrera, en ABANCA-RIAZOR (📺YouTube RC Deportivo)