O Gil Vicente, rival este mércores en Portugal na DéporXira Auga de Parada
A DéporXira Auga de Parada ten como protagonista este mércores 31 de xullo ao Gil Vicente, un club portugués que milita na Segunda División lusa.
O encontro, que arrinca ás 20:30 en Galicia (19:30 hora local) será retransmitido en directo pola canle oficial de YouTube do RC Deportivo grazas a Auga de Parada.
Esta firma, referente histórico en cidade no equipamento para baños, fai posible a retransmisión de todos os partidos de pretemporada a excepción do encontro ante o FC Famalicão.
Auga de Parada esponsorizou as retransmisións da última DéporXira, a da pretemporada 2023-24, e patrocinou durante as dúas últimas campañas as emisións de partidos desde Abegondo, que comezaron durante o curso 2022-23 con todos os encontros do Dépor ABANCA e algúns de Fabril e Xuvenil A.
O calendario de amigables de pretemporada, cos resultados dos xa xogados, queda así:
Martes 23 de xullo Ourense CF 0 - Deportivo 4 (Yeremay, Mario Soriano, Barbero e Pablo Muñoz)
Sábado 27 de xullo Pontevedra CF 0 - Deportivo 2 (Villares e Hugo Rama)
Martes 30 de xullo FC Famalicão 2 - Deportivo 2 (Barbero e Lucas)
Mércores 31 de xullo 19:30 (hora local, 20:30 hora galega): Gil Vicente - Deportivo, no Estádio Cidade de Barcelos (📺YouTube RC Deportivo)
Sábado 3 de agosto 18:00 (hora local, 19:00 hora galega): GD Chaves - Deportivo (IV Troféu Emílio Macedo), no Estadio Municipal de Chaves (📺YouTube RC Deportivo)
Venres 9 de agosto 20:30: Deportivo - Unionistas de Salamanca CF (semifinal do LXXIX Trofeo Teresa Herrera), en ABANCA-RIAZOR (📺YouTube RC Deportivo)
Sábado 10 de agosto Terceiro e cuarto posto (16:00) ou gran final (21:00 horas) do LXXIX Trofeo Teresa Herrera, en ABANCA-RIAZOR (📺YouTube RC Deportivo)