RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#OSNOSOS

O RC Deportivo fixo o posible e máis porque Mario continuase, asegura Fernando Soriano

Finalizada a presentación de Paris Adot, Fernando Soriano, Director Deportivo do Club, púxose a disposición dos medios de comunicación.

"O RC Deportivo fixo o posible e máis porque Mario continuase", asegurou.

Estas foron algunhas das súas frases:

Mario Soriano
"O club quixo deixar claro que fixo todo o posible e máis para que o xogador quedase. Antes de chegar aquí, mesmo antes de ser oficialmente Director Deportivo, había directores deportivos doutros clubs que como sabían que eu ía estar seguindo ao Deportivo preguntábanme: 'ouve, que che parece Mario Soriano?' Eu preguntáballes porqué. 'Porque mira, están a dicirnos que hai esta condición'. No primeiro momento que chego aquí, o primeiro que fago é revisar contratos e ver a condición de Mario Soriano. O meu primeiro paso foi falar con Lucas e ese mesmo día, unhas horas despois, falar con Mario para comentar a ver cal era o seu desexo e o seu interese. É certo que el me comentou que o seu desexo era continuar no Deportivo. Convocamos unha comida aos 2 ou 3 días co seu axente aquí na Coruña. E aí empezou unha negociación. Propuxemos unhas melloras, contraofertaron con outras. Chegamos onde chegouse. Ao final o rapaz decidiu outra cousa. Xa está. Polémica cero. Desexarlle tamén o mellor. Foi e é un xogador querido. Cada un toma as súas decisións, pero sobre todo deixar ben claro que o RC Deportivo fixo o posible e máis porque Mario continuase. Hai cousas nas que non podemos loitar. O ofrecer xogar nunha categoría superior, o Deportivo está onde está, economicamente chégase ao que se chega e a partir de aí o xogador ten que mirar e isto non quere dicir nin que sexa nin máis nin menos deportivista; nin que senta máis, menos as cores. Aquí todo o mundo é profesional e chega un momento que ten que decidir. Deséxolle a Mario o mellor. Oxalá o ano que vén teñámoslle que velo aquí outra vez porque xa sabes que se se consegue o ascenso é xogador do Deportivo. E xa está. Polémica pola miña banda, ningunha. Tristeza si, porque o perdemos, pero xa está".
"Non houbo un acordo co SD Eibar. Veu, había unha cláusula aí no contrato que a podía asumir, asumiuna, el estaba de acordo e xa está, non hai máis".

Trilli
"A súa saída ao FC Barcelona é inminente. Estamos coa documentación. O luns o equipo tívose que presentar pero el tiña permiso porque a cousa estaba bastante avanzada. Desexarlle toda a sorte do mundo pola nosa banda. Coñecino pouco. Tiven unha conversación moi boa, moi gratificante con el, co seu pai, co seu axente para que me explicasen cal era o seu sentir. Tiña a ilusión de tentar que seguise, pero é certo que cando se cruza un Club como este (en alusión ao FC Barcelona) sempre fai dubidar e o rapaz decidiu ir a Barcelona. Así que desexarlle toda a sorte do mundo, esperando a que se complemente a documentación, que o Barça faga o pago que ten que facer e a partir de aí xa se anunciará publicamente".

Roberto Olabe
"Falei nada máis chegar aquí. Comentóuselle a situación deportiva cal era, que o queriamos ver, que o míster non o coñecía de primeira man. Coñecíao porque o viu, pero queriámolo ver. Iso xerou algunha dúbida. Tamén tiña algunha proposta de fóra e nos últimos días falouse a posibilidade de poder saír e chegamos a un acordo amigable. Recalcar a súa profesionalidade, a súa xenerosidade. Desexarlle o mellor, esperar que teña sorte no futuro".

Posiciónes para reforzar
"A partir de agora, ir complementando o que vai faltando, as posicións que nos poden faltar máis xogadores. É certo que a baixa de Trilli, de Soriano dificúltanos un pouco a situación no sentido de que os xogadores sub 23 normalmente é máis complicado crealos porque van ser de aquí e ás veces necesitan o seu tempo. Neste caso Mario e Trilli eran dous xogadores consagrados que tiñan esa calidade ou esa diferenza de ser sub-23 e que nesta categoría son importantes. A seguir buscando solucións para poder ofrecer ao adestrador os mellores xogadores posibles para que logo a ver se somos capaces de que se faga bo grupo ou equipo; e poder loitar por obxectivos".
"O lateral dereito quedámonos un pouquiño xustos só con Paris. No centro do campo, ao saír Roberto Olabe, agora mesmo está aí Villares. É unha situación que hai que reforzar. Arriba iremos vendo tamén. E logo o mercado está aberto. Isto é seguir vendo situacións. A nosa misión é poder asinar aos mellores xogadores posibles que economicamente e a nivel de situación podamos facer. E a partir de aí formar un bo equipo. Non só con asinar bos xogadores serve. É máis importante se cabe facer un bo grupo e iso será un labor que aos poucos teremos que ir formando".

Sub-23 no cadro
"#ANOSACANTEIRA leva o seu proceso e hai veces que che xeran uns perfís de xogadores nunhas posicións e noutras non. A día de hoxe non vin ao Fabril en directo. Vino en televisión, 8 ou 10 partidos do ano pasado. Temos moi claro o de Dani Barcia, que vai formar parte do primeiro equipo. O de Trilli era indubidable, e é certo que agora falta alguén que me aperte de abaixo para poder suplir esas prazas. Aí si que é certo que non pechamos a porta a unha posible incorporación dalgún xogador sub-23 na zona de atrás, sexa fichado se vemos a posibilidade ou nun momento determinado sexa cedido para ocupar unha desas prazas, porque atrás vemos que no Fabril fáltanos aínda ese empuxe dalgún rapaz que nos dea esa garantía de rendemento no primeiro equipo".
"Na parte de arriba tería que ser unha oportunidade de mercado en propiedade de alguén moi importante sub-23 para contar con iso. Se non me reitero a decisión de ter un cadro de 17 fichas sénior coas sub-23 de Alberto, Barcia e Yeremay; algunha que poida vir nalgunha posición e deixar espazo para que os rapaces teñan as súas posibilidades e que o adestrador non teña 25 xogadores para elixir antes deles, senón que sexan un máis, que se sintan así e que se dean conta da importancia e a valoración que temos deles".

Chegada dun futbolista máis para a dianteira
"Probablemente si".

Barbero
"Está claro que é un xogador interesante. Valorouse e valórase".

Yeremay
"Non temos ningunha dúbida. Hai unha cláusula que vexo moi elevada para que alguén a asuma. Se alguén a asume, que podemos facer aí nós? É un pouco o que vos dixen antes con Mario Soriano, con Trilli. Podemos poñer de nosa parte pero aí os xogadores teñen que afrontar. Hai veces que che gusta a decisión e ás veces non, pero isto é así".

José Ángel Jurado
"É outro xogador que por suposto se valorou. É un xogador interesante. Agora mesmo é xogador do CD Tenerife. Veremos a ver que sucede".