Os abonados e abonadas xa poden retirar a súa invitación obrigatoria e unha de acompañante para o Dépor ABANCA - FC Levante Badalona do sábado 12 de abril en ABANCA-RIAZOR
Os abonados e abonadas xa poden retirar a súa invitación obrigatoria e a maiores unha entrada de acompañante unicamente en bancada.rcdeportivo.es para o Dépor ABANCA - FC Levante Badalona do sábado 12 de abril ás 16:30 en ABANCA-RIAZOR, correspondente á 25ª xornada da Liga F.
En primeiro momento estarán dispoñibles entradas de Tribuna Inferior e iranse abrindo bancadas a medida que se vaian ocupando.
O prezo da entrada de público é de 10 euros.
Os abonados e abonadas que non adquirisen o suplemento do Dépor ABANCA (15 euros) poderán acudir á Oficina de Atención ao Deportivismo (OAD) para realizalo.
As persoas que non sexan abonadas ao RC Deportivo poden darse de alta na OAD como socio/a amigo/á o prezo de 50 euros e abonar o citado suplemento de 15 euros que lles permitirá asistir a todos os partidos en casa do Dépor ABANCA.
O horario da OAD é de luns a venres de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:00 horas.