RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
FUNDACIÓN

Os DéporCampus Cabreiroá 2024 botan o peche a próxima semana con actividade en Abegondo e Zas

Os DéporCampus Cabreiroá 2024 concluirán esta próxima semana, do 29 de xullo ao 2 de agosto, coa 6º quenda de Abegondo e coa sede de Zas.

Esta actividade da Fundación RC Deportivo acolleu este verán a un total de 2.300 nenos e nenas desde o pasado 24 de xuño repartidos nas seguintes sedes: Abegondo, Bertamiráns, Boiro, Caranza, Cee, Cuntis, Monforte, Ourense, Outes, Santa Comba, Sarria, Silleda, Terras de Maside, Verdugo, Vila de Marín, Viveiro e Zas.

Esta pasada semana só celebrouse a 5º quenda en Abegondo, que recibiu a visita dunha nutrida representación do Dépor e do Dépor ABANCA.

Así, Lucas, Jaime, Alberto, Pablo Muñoz, Berto Cayarga, Rubén López, Olaya, Patricia Hmírová, ADT, Inês, Millene, Martina e Antia Veiga fixeron as delicias dos 150 participantes; entregaron os diplomas e fotografáronse cos distintos grupos; e asinaron camisetas, botas...

Os DéporCampus Cabreiroá 2024 da Fundación RC Deportivo son unha experiencia segura cun protocolo de medidas hixiénico-sanitarias para o correcto desenvolvemento e participación.

Están constituídos por xornadas de adestramento e diversión cos adestradores do Real Club Deportivo.

O método Dépor empregado fomenta valores como o xogo limpo, o respecto polo rival, o esforzo, a solidariedade e a amizade a través do deporte.

Toda a información poden consultala na seguinte ligazón https://deporcampus.rcdeportivo.es/ e para calquera consulta ou dúbida acerca das actividades poden contactar directamente coa organización en deporcampus@rcdeportivo.es.

GALERÍA DE FOTOS EN FACEBOOK