RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Óscar Gilsanz: "Estamos nunha situación de crecemento continuo"

Óscar Gilsanz manifestou na sala de prensa de Anduva que "o CD Mirandés non perdía un punto desde decembro no que empatou aquí co Sporting de Gijón. Non perdía aquí desde outubro co Granada CF. Agora mesmo valoro a dificultade do partido".

O técnico deportivista asegurou que viñemos a polos 3 puntos para seguir tendo esas sensacións de gañar, esas sensacións que nos fan sumar de 3 en 3 pero temos que valorar este punto pola dificultade que ten sumar aquí. Son moi difíciles para os rivais os partidos que expón o CD Mirandés porque ten capacidade de xogar en curto. Conseguimos no primeiro tempo tapar moito a Gorrotxa pola súa capacidade para facer xogar ao equipo. Pero xogan directo con Panicelli e obríganche a defender". 

Opina que "estamos nunha situación de crecemento continuo. O equipo compite sempre, nunca perde a cara ao partido e desde ese punto de vista, sabendo que os partidos desta categoría son todos moi complicados, sempre valoramos o que acabamos de ver, máis que a clasificación".

Con 49 puntos na táboa, Óscar Gilsanz lembra que "temos que sumar algun punto máis para superar esa barreira dos 50, 52 puntos que todos temos na cabeza. E seguir. Somos o Deportivo. Sabemos que escudo representamos. Temos que seguir sempre, acelerar".

Apunta que nesta recta final da temporada "estamos nunha situación na que os xogadores cren que o que fan vailles a levar a gañar partidos, a sumar puntos de 3 en 3. Tratamos de construír algo que vaia máis aló de que un punto sexa moito ou pouco".