RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Pablo Vázquez: "O equipo deu un paso adiante sobre todo en canto a resultados, en canto a competir mellor os partidos"

Pablo Vázquez cre que "o equipo deu un paso adiante sobre todo en canto a resultados, en canto a competir mellor os partidos. Estamos con esa mentalidade de seguir progresando, de seguir acelerando porque consideramos que estamos nun gran momento como equipo; e eses momentos hai que aproveitalos para meterse nesa onda positiva que che poida levar a gañar partidos e mellorar a túa situación".

O central deportivista pide "seguir pensando en nós mesmos, en mellorar e afrontar cada partido como unha final".

A nivel individual, e sendo titular en todos os partidos, recoñece que "estou a ter fortuna e a fortuna hai que buscala. Estou a sentirme moi ben, estou comprometido co día a día, o meu corpo está a responderme ben. É verdade que todos os días dóeme algo. É difícil non saír a un partido con algunha molestia pero insistindo no día a día. É a realidade. Alimentación, un bo descanso, e vir aquí e facer un traballo exhaustivo que me axuda a estar dispoñible a fin de semana. Non hai máis".

De feito, opina que "é a miña mellor temporada por como sinto eu. É a miña temporada máis estable animicamente, máis constante, con menos altibaixos. Sinto que é a miña mellor temporada pero sigo tendo a ilusión de progresar, de dar máis ao Club, ao equipo. E iso é o que me move".

Así pois, o defensor sente "moi contento, moi feliz e moi satisfeito coas cousas que están a saír".

Tamén Pablo Vázquez tivo palabras para os futbolistas con menos minutos, caso de Jaime: "Traballa todos os días, mesmo máis que eu, para poder ter ese momento. Por desgraza non o está podendo ter. Doulle moitísimo valor a ese tipo de cousas que fai Jaime, Hugo, Cristian... Están a vivir outra cara do fútbol que a xente non ve pero teñen a mesma dedicación ou mesmo máis que a xente que estamos a xogar".

Finalmente do CD Mirandés, rival este domingo 13 de abril ás 18:30 (LaLiga TV Hypermotion) en Anduva, sostén que "é un equipo dos mellores da categoría. Esixe tácticamente moitísimo ao rival. Vin moitos partidos deles porque gusta velos, ese despregamento que teñen. Saben ler cada momento do partido, cando xuntarse, cando apertar arriba... É un rival moi completo e no seu campo son unhas feras. Non se deixan case puntos. Está a pelexar por ascender e vaiche a esixir o máximo. Nós vimos cunha progresión moi boa e chegamos en bo momento a ese partido. Ímosllo a competir e a ver se aproveitamos esas dinámicas cambiadas. Eles veñen con dúbidas, nós de corrido. A ver se sabemos aproveitalo".