Os xogadores do Deportivo Alejandro Arribas e Ryan Babel foron sometidos nas últimas horas a probas médicas complementarias para ditaminar o alcance exacto das molestias que sofren.
Os Servizos Médicos do RC Deportivo detectaron a Alejandro Arribas unha sobrecarga no recto interno da súa coxa dereita, pendente de evolución nas próximas horas.
Pola súa banda, as probas médicas realizadas tamén a Ryan Babel confirmaron unha lesión de grao 1 no recto anterior do cuádriceps esquerdo.
O atacante deportivista estará uns días con tratamento médico e de fisioterapia; e acto seguido, en función da súa evolución, pasar a unha segunda fase de readaptación deportiva baixo a supervisión do readaptador Fran Molano.