Os servizos médicos realizaron probas ao centrocampista arxentino do Deportivo, Fede Cartabia, que determinan que sofre unha lesion do músculo pectíneo da súa perna esquerda.
O xogador permanecerá realizando tratamento fisioterápico e en repouso deportivo, ata que poida iniciar o traballo de readaptación para posteriormente reincorporarse ás tarefas habituais do equipo.