RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Parte médico de Héctor Hernández

Hector Hernández foi sometido onte mércores a probas médicas para coñecer o alcance exacto das molestias que lle impediron concluír o encontro do pasado domingo no campo de Barreiro ante o RC Celta B.

Os Servizos Médicos do Real Club Deportivo confirmaron unha lesión muscular na súa coxa dereita. O defensor deportivista estará uns días con tratamento médico e de fisioterapia para, en función da súa evolución, pasar a continuación á seguinte fase de readaptación física, paso previo ao seu regreso aos adestramentos co grupo.