Os Servizos Médicos do Real Club Deportivo que dirixe o doutor Carlos Lariño, á vista das probas complementarias realizadas este mediodía, comprobaron que Isi Gómez sofre unha lesión muscular no aductor da súa perna dereita.
O centrocampista madrileño estará uns días con tratamento médico e de fisioterapia; e, en función da súa evolución, pasará a continuación á fase de readaptación físico, paso previo ao seu regreso aos adestramentos co grupo.
Isi Gómez sentiu molestias durante o quecemento previo ao partido entre o Deportivo e o CF Talavera de la Reina en ABANCA-RIAZOR que lle obrigaron a deixar o seu posto no once inicial branquiazul a Roberto Olabe.