Joselu foi sometido onte xoves a unha ecografía e hoxe venres a unha resonancia no seu tendón de Aquiles dereito para comprobar o alcance exacto das molestias coas que acabou o encontro do pasado mércores ante o Real Madrid en Riazor. Os Servizos Médicos do RC Deportivo comprobaron que sofre unha pequena rotura periférica no seu tendón de Aquiles dereito.
O dianteiro será baixa para o que resta de tempORada. Hoxe mesmo xa iniciará tratamento médico e de fisioterapia.