O centrocampista arxentino do Real Club Deportivo Matías Nahuel Leiva sufriu durante o último partido disputado polo equipo, ante a UD Las Palmas o pasado domingo, unha picada con cadro de dor na musculatura aductora da coxa dereita.
Após valoración por parte dos servizos médicos do Club, o xogador permanecerá en repouso deportivo, ata que a súa situación permita iniciar o programa de readaptación que deberá conducilo de volta ás actividades do equipo.