As probas ás que foi sometido Rubén Díez confirmaron aos Servizos Médicos do Real Club Deportivo que dirixe o doutor Carlos Lariño que o atacante deportivista sofre unha lesión na musculatura aductora dereita.
Así pois, o futbolista branquiazul estará uns días con tratamento médico e de fisioterapia. En canto a súa evolución permítao, Rubén comezará a fase de readaptación física, paso previo ao seu regreso aos adestramentos co grupo.