Unha intensa e persistente tromba de auga acompañou aos futbolistas branquiazuis durante a sesión desta mañá nos campos 2 e 3 da Cidade Deportiva.
Após un quecemento e un exercicio táctico no campo 2, Imanol Idiakez dispuxo un partido en espazos amplos, co plan de cara ao encontro deste domingo 6 de outubro ás 14:00 en ABANCA-RIAZOR ante o Málaga CF (LaLiga TV Hypermotion).
Pablo Martínez, Ximo Navarro, José Ángel e Petxarromán estiveron esta mañá con adestramento personalizado.
Pola súa banda, Quique Teijo e Aarón foron os representantes de ANOSACANTEIRA.
Mañá xoves está previsto unha xornada de recuperación activa en Abegondo. Así pois, os futbolistas non saltarán ao céspede, e terán ximnasio e fisioterapia.